Noite irisada

Doce concellos da Coruña acollerán a proxección do documentario "Noite Irisada" que recoñece, a través de voces protagonistas, a loita polos dereitos de gais e lesbianas en Galicia.

Dirixido por Bea Vcampaña, "Noite Irisada" recolle a loita polos dereitos das persoas diversas sexualmente con testemuñas das protagonistas o que constitúe o único documental sobre esta temática realizada na historia audiovisual galega. A película recolle a historia dunha loita que non está exenta de represión e tamén de movemento liberador coa data de referencia do 28 de xuño de 1981 en que se desenvolve en Vigo a primeira manifestación do Día do Orgullo organizada polo movemento galego.

Nanina Santos, Carlos Callón, Maximino Queizán, Marta Álvarez Quintero, Ignacio Iglesias Villar, Xiana Pérez, Braulio Vilariño"Lalo", Eli Pérez, Xabier Maañón, xunto á poeta Lucía Aldao ou a estudosa Mariam Mariño protagonizan o documental "Noite Irisada"

Proxeccións para Centros de Ensino:

  • NARÓN 24 de maio, ás 12,30hs no IES As Telleiras
  • CULLEREDO 27 de maio, ás 11,30 na Universidade Laboral
  • BETANZOS 10 de xuño, no Cine Alfonsetti falta confirmar hora
  • NOIA 21 de xuño ás 10,30hs IES Campo de San Alberto

Proxeccións abertas ao público en xeral:

  • CARBALLO 11 de xuño ás 20,00 hs Pazo Cultura

  • ARTEIXO 21 de xuño ás 17,00hs Auditorio do Centro Tecnolóxico

  • TEO 25 de xuño ás 19,30hs na Biblioteca dos Tilos

  • A POBRA 26 de xuño ás 20,30hs no Teatro Elma

  • FENE 29 de xuño ás 19,00 hs na Casa da Cultura de Fene

  • OLEIROS 30 de xuño ás 20,30 Auditorio da Fábrica

  • RIBEIRA 2 de xullo, ás 20,00 hs. Salón de Actos do Conservatorio Municipal

  • RIANXO 3 de xullo, ás 22, 00 hs, no Auditorio Municipal