Estás en:Servizos Sociais Área de Igualdade 8 M "Mulleres do pasado, semente de futuro"

8 M "Mulleres do pasado, semente de futuro"

"Mulleres do pasado, semente de futuro" é o nome da campaña institucional do 8M que pon en marcha a área de Igualdade da Deputación, co obxectivo de render homenaxe ás mulleres que, dende o anonimato, loitaron por cambiar o mundo, buscando un mellor futuro para as devanceiras xeracións, e que forman parte da historia cotiá das familias do país.

sismica_Igualdade Deputacion_8M 2024_Postal A5 OK cara A.jpg

"As que loitaron por acadar os dereitos dos que hoxe desfrutamos, que non se conseguen facilmente, senón que son o froito do traballo colectivo e da coraxe de moitas mulleres que, dende a adversidade, acadaron fitos que hoxe consideramos tan fundamentais como poder usar pantalóns". "Queremos visibilizar as dificultades e os logros das nosas antecesoras é  contribuír a acadar a igualdade real en todos os espazos da vida".

 sismica_Igualdade Deputacion_8M 2024_Postal A5 OK cara B.jpg

Programación 8M

En liña co propósito da campaña, formúlase unha reflexión conxunta entre a xeración homenaxeada e a mocidade actual.

Así, levarase a cabo unha dinámica interxeracional que consiste en que o alumnado de diferentes centros educativos da provincia entreviste as súas avoas ou mulleres maiores de 70, nunha actividade que lles brindará a oportunidade de interactuar aprendendo das súas historias, experiencias e sabedoría. Estes vídeos difundiranse a través de diferentes canais da Deputación.

Ademais, o propio 8 de marzo ás 11h haberá un acto institucional no vestíbulo da Deputación da Coruña, que contará coa lectura dun manifesto e a actuación musical de Guadi Galego, que coa súa canción "Matriarcas" pon voz á historia desas "aleitadoras, conquistadoras, brillantes activistas da vida cotiá" .

Esta campaña terá continuidade durante todo o mes de marzo. Difundirase material informativo entre os centros educativos da provincia, cunha cronoloxía sobre fitos históricos acadados grazas á loita das mulleres e, o vindeiro día 21 celebrarase un encontro no IES Rosalía Mera con algunhas das avoas que participaron nos vídeos do alumnado. Alí, visualizaranse as pezas máis votadas e homenaxearase a esas mulleres que cos seus esforzos sementaron o noso futuro.

Cartel

Díptico

Banner

sismica_Igualdade-Deputacion_8M-2024_Banner-728x200 (1).gif