Páxinas
Novas

Contratación

Central de
Contratación

A Deputación da Coruña creou mediante acordo plenario de 27 de Xuño de 2014 unha Central de Contratación dirixida a todos os municipios da provincia . Esta ferramenta desenvólvese ao amparo do Real Decreto lexislativo 3/2011 do 14 de novembro, polo que se aproba o Texto refundido da Lei de Contratos do Sector Público.

Os obxectivos que se pretenden conseguir pola Deputación son por unha banda alcanzar unha mellor sustentabilidade económica, cunha redución significativa no custo das compras tanto para a propia Deputación como para os concellos da provincia, e por outra banda racionalizar a adxudicación de contratos, a través de acordos marco, sistemas dinámicos de contratación ou outros tipos de licitación.

Coa creación dun sistema de contratación centralizada e especializada facilitarase a contratación de obras, subministracións ou servizos que poidan ser comunmente demandados polos Concellos e a propia Deputación, conseguindo deste xeito maior eficiencia na xestión da contratación e mellores condicións económicas que redunden na contención do gasto público.

Coa creación da Central de Contratación seguirase reforzando a tan necesaria colaboración interadministrativa e asistencia especializada coas entidades locais.

  • Contacto

A Central de Contratación integrase na Oficialía Maior, dentro do Servizo de Contratación:

Xefe de Servizo
Luis Jaime Rodríguez Fernández
 Tel. 981080366

Xefa de Sección
Beatriz Méndez López

 Teléfono: 981 080733
Fax: 981 080307
Correo electrónico: contratacion@dacoruna.gal

 

Preparación
de contratos

Solicitude de información para a preparación de contratos

No proceso de preparación do contrato e coa fin de satisfacer as necesidades de interese público que se pretende con el, ten especial transcendencia a redacción dos pregos de cláusulas administrativas e de prescricións técnicas, de tal modo que os licitadores e a administración coñezan de maneira clara os seus elementos integrantes (determinación do obxecto, prescricións técnicas, documentos a presentar, criterios de valoración, prazos de presentación e de execución, dereitos e obrigas das partes, orzamento, forma de pagamento, etc.)

Neste sentido a Deputación considera fundamental a participación dos interesados en condicións de igualdade e con total transparencia para que formulen aquelas propostas ou suxestións, ben aos pregos, á determinación dos elementos ou partes destes e noutros casos para a fixación do orzamento do contrato, coa fin de que o contrato sexa definido da forma máis axeitada ás condicións do mercado e ás necesidades da administración.

Por todo o exposto, creouse esta sección como canle de comunicación coas empresas e profesionais que voluntariamente queiran achegar as súas suxestións, que serán de uso interno para a administración provincial., que poderá utilizalas, se o estima oportuno, sen que tal uso xere ningún dereito ou compromiso.

A Deputación provincial gardará confidencialidade sobre as persoas físicas ou xurídicas que acheguen as suxestións.

Agradéceselle a colaboración prestada.

Impresos

Mesa de
contratación

A composición da Mesa de Contratación permanente da Deputación da Coruña modificouse mediante Resolución da Presidencia núm. 10744 do 12 de maio de 2016 e foi ratificada polo Pleno na sesión celebrada o día 27 de maio de 2016,

publicado no BOP de data 9 de xuño de 2016

Pregos
Tipo

Pregos tipo de obras adaptados as modificacions do texto refundido da Lei de Contratos do Sector Público, aprobados polo Pleno da Corporación Provincial en sesión celebrada o 30 de decembro de 2015

 

Pregos Tipo de Cláusulas Administrativas Particulares:

A) Prego-tipo de cláusulas administrativas particulares que haberán de rexer para a contratación mediante procedemento aberto (con multiplicidade de criterios de valoracion) das obras comprendidas nos plans provinciais

B) Prego-tipo de cláusulas administrativas particulares que haberán de rexer para a contratación mediante procedemento aberto (cun único criterio de valoracion : factor prezo) das obras comprendidas nos plans provinciais

 

C) Prego-tipo de cláusulas administrativas particulares que haberán de rexer para a contratación mediante procedemento negociado das obras comprendidas nos plans provinciais

Contratos
menores

2017

2016

Contratos
formalizados

Contratos formalizados (art. 154 TRLCSP)

Normativa

Proxecto de Lei de Contratos do Sector Público, pola que se transponen ao Ordenamento Xurídico Español as Directivas do Parlamento Europeo e do Consello, 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014.


Boletín oficial das cortes xerais. Congreso dos deputados. Serie A. 26 de outubro de 2017 Núm. 2-8
http://www.congreso.es/public_oficiais/L12/CONG/BOCG/A/BOCG-12-A-2-8.PDF

O Pleno do Congreso dos Deputados, na súa sesión do día 19 de outubro de 2017, aprobou, de conformidade co establecido no artigo 90 da Constitución, o Proxecto de Lei de Contratos do Sector Público