Páxinas
Novas

Novas

A Deputación da Coruña incrementa os criterios sociais e de calidade do emprego nos novos pregos de contratación
26 de Abril de 2018

A condición transversal dos criterios sociais, a simplificación da documentación, o control da calidade do emprego, a contratación de persoas desempregadas ou a presenza de mulleres no cadro de persoal das empresas son algúns dos criterios que a Deputación da Coruña engade aos novos pregos de contratación adaptados á nova Lei de Contratos. Os pregos irán a pleno este venres despois dun proceso de encontros con asociacións sindicais e empresariais por…

A primeira xornada do programa “A Cultura é un dereito” da Deputación da Coruña defende a democratización das políticas culturais
25 de Abril de 2018

.- A vicepresidenta da Deputación da Coruña e responsable da área de Cultura, Goretti Sanmartín Rei, presentou a primeira das xornadas que compoñen o programa A Cultura é un Dereito acompañada de Alberto García, presidente da AGPXC.

A Deputación da Coruña trasladará ao Ministerio de Presidencia a reclamación para recuperar o Pazo de Meirás para patrimonio público
25 de Abril de 2018

A vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín, anunciou que continúan abertas as vías de reclamación xudicial do Pazo de Meirás, despois de se coñecer a resposta de Patrimonio Nacional.

Valentín González Formoso explica nas xornadas Impulsa Ames a aposta da Deputación da Coruña pola mobilidade sustentable
25 de Abril de 2018

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, participou esta mañá, xunto ao alcalde de Ames, José Miñones, o deputado no Parlamento Europeo, José Blanco, e o vicepresidente da Comisión de Transportes e Infraestruturas da FEMP, Alfonso Gil Invernón, na mesa redonda inaugural das xornadas Impulsa Ames sobre mobilidade sostible.

A Deputación financiará a instalación de varios puntos de residuos urbanos soterrados na rúa San Andrés da Coruña
25 de Abril de 2018

A Deputación da Coruña aprobará no pleno do vindeiro venres un convenio co Concello da Coruña para o financiamento das obras correspondentes á instalación de seis puntos de residuos urbanos soterrados na rúa San Andrés. A institución provincial achega 52.044,98 euros que supoñen o 80% do custo total, fixado en 65.056,23.

A Deputación da Coruña estimula a creación cultural coa convocatoria de dez premios
24 de Abril de 2018

Dez premios para dez propostas creativas é a nova convocatoria de certames artísticos, literarios e de proxectos que a área de Cultura da Deputación da Coruña promove nesta nova edición dos seus certames culturais. As bases saen publicadas no Boletín Oficial da Provincia (BOP) deste 24 de marzo.

A Deputación e a Universidade Menéndez Pelayo colaboran na programación de cursos para o 2018
24 de Abril de 2018

A vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín, o reitor da Universidade Internacional Menéndez Pelayo, Emilio Lora-Tamayo, e o director da sede en Galicia da UIMP, Jaime Rodríguez-Arana, presentaron está mañá o programa de actividades formativas do curso 2018, que se desenvolverá durante os vindeiros meses nas localidades da Coruña, Santiago de Compostela, Ferrol, Ribeira e As Pontes.

A Deputación da Coruña conmemora no Teatro Colón o aniversario da Revolução dos Cravos co concerto “Lisboa” de Gonçalo Guerreiro
24 de Abril de 2018

O Concerto "Lisboa" de Gonçalo Guerreiro no Teatro Colón celebra este próximo mércores 25 de abril ás 20.30h o aniversario da revolución dos cravos vermellos que puxo fin á ditadura portuguesa

O artista lisboeta, Gonçalo Guerreiro, acompañado por un conxunto de excelentes músicos coruñeses, presenta un repertorio de temas en portugués a partir de poemas de Fernando Pessoa

24 de Abril de 2018

Resolución número 13447 do 17/04/2018 pola que se aproba a concesión definitiva de subvencións do programa de subvencións a concellos e outras entidades locais da provincia da Coruña para a creación, mantemento e reforzo dos SNL 2018.

A Deputación destina 1,7 millóns de euros ás asociacións agrarias, confrarías de pescadores e entidades de promoción económica da provincia
23 de Abril de 2018

A Deputación da Coruña publica hoxe no BOP e na Base Nacional de Subvencións a convocatoria de varias liñas de subvencións, destinadas a apoiar ás asociacións agrarias e labregas e ás entidades sen ánimo de lucro da provincia que desenvolvan accións de promoción económica.
O prazo para solicitar estas subvencións comeza mañá martes e remata o vindeiro 21 de maio ás 14.00 horas. As solicitudes realizaranse de forma telemática a través da…