Estás en:Servizos Sociais Área de Igualdade Proxectos FEM Muller a escena

FEM Muller a escena

CARTEL FME INSTA 2024-1.jpg

Un Festival que pon o foco na creación en feminino. Unha proposta a desenvolver en 2 Concellos da provincia : Cambre e Carral. En ambos Concellos contarase coa programación de charlas e espectáculos.

FME 2024 contará con mostras audiovisuais, espectáculos , e mesas de reflexión ; coa presenza de literatas, actrices e creadoras audiovisuais , educadora social e socióloga introducindo os seus traballos e explicando as súas derivas.

FME onde as artes escénicas, audiovisuais e literarias fan presente a mirada feminina para x espectadorx

FME expón a mirada e os atrancos das mulleres nunha sociedade masculina, na procura de concienciar nun camiño cara a igualdade.

FME propón a dinamización dos Concellos, presentando as accións propias o Festival en diferentes espazos socioculturais da zona, facendo emerxer onde a escrita, a acción social e a acción escénica fecunden unha acción social de sororidade para coas mulleres.

A programación busca acadar o equilibrio entre artistas emerxentes e figuras con traxectorias consolidadas nos eidos cultural e artístico, xerando un espazo seguro para a creación, o debate e o intercambio de ideas.

OBXECTIVOS

- XERAIS

FME Un festival onde a figura da creadora sempre se verá como eixo onde navegar.
FME busca que vistamos os lentes das creadoras e vexamos o mundo dentro da súa ollada en feminino e
vexamos un mundo igualitario

- ESPECIFICOS

1. Visibilización da muller creadora.
2. Exposición e reflexión da muller na sociedade
3. Reflexión e visibilización da muller nos eidos da creación
4. Empoderamento da visión da muller nun mundo habitualmente dominado por olladas masculinas .
5. Posta en primeira fila desas mulleres creadoras que abondan pola nosa terra.
Comprobar como o enfoque feminino da nosa sociedade por via das artes completan e fan máis verdadeira a
visión das artes.

PROGRAMACIÓN

CARRAL (XANEIRO)

Xoves 11 as 20:00h "A tradición da regueifa " Con Lupe Blanco na Casa da Cultura.

Venres 12 as 20:30h  "Bravas" con Isabel Risco no Local Xente Nova, Tabeaio.

Xoves 18 as 20:00h  "O bo trato" con Noelia Darriba na Casa da Cultura.

Venres 19 as 20:30h "Tabú" con Carmen Conde no Local Xente Nova, Tabeaio.

Xoves 25 as 20:00h  "Muller e audiovisual" con Mariana Carballal na Casa da Cultura

Venres 26 as 20:30h  "The Witch" con Diana Sieira no Local Xente Nova , Tabeaio.

CAMBRE (FEBREIRO)

Venres 02 as 19:30h  "Atlánticas" con Vivi Rivadulla na Casa Villa Concepción.

Sábado 03 as 19:00h "Golpes con Estíbaliz Veiga no Centro Cultural O Graxal.

Venres 09 as 19:30h "O camiño ducha directora" con Olga Osorio na Casa Villa Concepción.

Venres 23 as 19:30h  "A escrita en feminino" con María Solar na Casa Villa Concepción.

Sábado 24 as 19:00h "María Milagros" con Miluka Suriñac no Centro cultural "O Graxal".

Pendente axendar: Vestido de Voda no IES Buxán.