Logotipo

O seu significado

O logotipo "30 PAZO PROVINCIAL. Historias entre catro paredes", pretende referenciar unha arquitectura que albergou á Deputación da Coruña durante trinta anos.

Está concibido baixo un esquema gráfico triangular e nunha combinación de liñas rectas e curvas prescindindo de todo tipo de masas. Esta configuración outórgalle un carácter sobrio e lineal.

Esta economía de liñas que o propio edificio transmite, vese reflectida na interpretación estilizada do frontón. Sobriedade que non pretende ocultar todo o humano que dita arquitectura albergou. Non en balde, antes de ser o que é, foi un Hotel. E como tal, testemuña da historia desta cidade nun tempo non moi afastado.

Esa mirada máis humanista está presente, intencionadamente, no número 30: deseñado con dúas liñas rectas en ángulo e dúas curvas entrelazadas nun diálogo afectivo e de mutua complicidade.
O trazo máis groso e a súa dimensión, danlles ao número 30 o necesario protagonismo dentro do conxunto da marca. Por último, a composición triangular péchase, na base, con dúas liñas de texto explicativas.

No tratamento cromático, tamén a sobriedade está presente a través do negro e vermello.
Con todo iso, pretendín unha imaxe sintética e, á vez, narrativa e visualmente fácil de lembrar, sen perder de vista o matiz do significado.

Palabras do autor e deseñador gráfico da Deputación da Coruña, Xosé Cobas

logo animado.gif


Síguenos nas redes sociais logo facebook pequeno.png  logo23x19.png
Hashtag: #xavantrinta