Estás en:Servizos Sociais Área de Igualdade Proxectos Integra o xénero

Integra o xénero

INTÉGRA O XÉNERO: GUÍAS DE TRANSVERSALIZACIÓN DE XÉNERO

Banner-Escritorio.png

A Deputación da Coruña pon en marcha no ano 2022 o proxecto "Integra o xénero", consistente na elaboración dunha colección de tres guías sobre a transversalización do principio de igualdade de xénero nas políticas públicas coas que se busca dotar ao persoal da Deputación e dos Concellos da provincia de ferramentas útiles e de fácil manexo, que conteñan pautas e recomendacións prácticas para a incorporación do principio de igualdade dun xeito transversal.

Este proxecto forma parte das medidas de actuación recollidas en "Compartimos Plan", o Plan de Igualdade da Deputación da Coruña, en vixencia para o período 2019-2023.

A colección, inicialmente, conta con tres títulos: a "Guía básica de recomendacións sobre a integración da perspectiva de xénero nas políticas públicas"; a "Guía de apoio para o establecemento de cláusulas de igualdade"; e a "Guía para a integración da perspectiva de xénero no emprego e na formación".

A colección das guías conta cunha imaxe inclusiva e interseccional, que recolle as diferentes realidades de mulleres e homes. Pois a través da imaxe gráfica presentada búscase incidir no feito de que para a consecución dunha igualdade plena, real e efectiva, cómpre ter en conta todas aquelas desigualdades e discriminacións que afectan á diversidade.

Para a súa elaboración, apostouse por un modelo metodolóxico e de investigación participativo a través do que implicar ao persoal da propia Deputación e dos Concellos.

En primeiro lugar, deseñáronse cuestionarios dirixidos ao persoal traballador da Deputación e dos Concellos da provincia da Coruña. Con estes, buscouse detectar as principais necesidades e problemáticas coas que se atopa o persoal á hora de incluír a perspectiva de xénero nas súas funcións, co obxectivo principal de adecuar as diferentes guías ás mesmas.

En segundo lugar, unha vez tratados os datos recollidos no cuestionario e valoradas as necesidades de información para o proceso de elaboración das guías, procedeuse a activar a seguinte ferramenta de participación: as entrevistas semi-estruturadas co persoal da Deputación, co fin de achegarse á realidade do día a día do proceso de traballo da Deputación e coñecer en profundidade as súas necesidades.

O proceso participativo complementario á elaboración da colección de guías "Integra o xénero" contemplou, en terceiro lugar, a realización de grupos de traballo co persoal municipal e o persoal da Deputación. Nestes encontros empregáronse dinámicas e ferramentas sustentadas no traballo cooperativo e participado, así como na formación de pequenos grupos de debate e reflexión colectiva. Deste xeito, por unha banda recolleuse información de valor para a diagnose e, pola outra banda, permitiu a xeración de pequenos espazos nos que compartir percepcións, experiencias e reflexións.

Cabeceira-Escritorio.png

Para consultar información sobre a execución das guías, preme no seguinte enlace: Presentación guías Transversalización de xénero

Tras o remate do proceso participativo, procedeuse á edición das tres guías en formato descargable,  arquivo sonoro e braile.

Descarga o cartel das guías de apoio  con código QR para difundir neste enlace

De forma complementaria, implementaranse accións formativas básicas en modalidade online e presencial en relación a cada guía, nas que se dará a coñecer a colección "Integra o xénero" e se traballarán de xeito práctico algún dos contidos.

Folleto-difusión-formacións.png

As prazas son limitadas e asignaranse por orde de solicitude. Para formalizar a inscrición, preme no seguinte enlace

Descarga o cartel das accións formativas para difundir neste enlace

Proximamente editaranse 3 visual thinking, pezas curtas que recollen o mais significativo do contido das guías, así como un manual de facilitación de accións formativas para que o persoal especializado en igualdade de xénero poda continuar coas accións formativas no seu territorio.

A continuación podes consultar a presentación que empregouse nas accións formativas

Visual thinking