-
Perfil do contratante
Co fin de asegurar a transparencia e o acceso público á información relativa á actividade contractual da Deputación Provincial de A Coruña ponse a disposición de todos os interesados o perfil de contratante, de conformidade co establecido na Lei 30/2007 de Contratos do Sector Público.
-
Solicitude de información para a preparación de contratos
Creouse esta sección como canle de comunicación coas empresas e profesionais que voluntariamente queiran achegar as súas suxestións, que serán de uso interno para a administración provincial.
-
Rexistro de contratistas
O Rexistro de documentación de contratistas foi creado para facilitar a presentación de documentos ás empresas, eximíndoas de ter que entregar reiteradamente aquela documentación que se esixe con carácter xeral e uniforme na normativa contractual e nos Pregos de cláusulas administrativas particulares. A Ordenanza reguladora foi redactada coa pretensión de que sirva para contribuír á simplificación na xestión administrativa e para acadar unha mellor constancia e seguimento da documentación e trámites contractuais.
-
Programa de valoración de ofertas económicas en contratos e concursos
O Programa de Valoración de Ofertas Económicas en Contratos e Concursos da Deputación da Coruña permite asignar as puntuacións ás diferentes ofertas presentadas en función das súas baixas porcentuais sobre o prezo de licitación, detectando, no seu caso, as baixas temerarias.
-
Pregos tipo de obras adaptados á Lei 2/2011
Pregos tipo de concurso, poxa e procedemento negociado
-
Mesa de contratación
Composición da mesa de contratación.
-
Concurso: Centro de interpretación da contorna fluvial de Chelo
Concurso anónimo con intervención de xurado para a redacción do proxecto de execución e a posterior construción do conxunto de actuacións de intrepretación do río Mandeo en Chelo e a súa contorna
-
Polígono de Sabón
Normativa relativa ó Polígono Industrial de Sabón