Estás en:Novas

A Deputación da Coruña inviste 3,5 millóns de euros para crear máis de 400 empregos nos concellos da provincia

Formoso destaca que o programa PEL-Concellos prima a contratación de persoas con especiais dificultades de inserción laboral e proporciona aos concellos máis pequenos persoal para prestar servizos municipais de calidade

Un total de 92 concellos percibirán axudas de entre 19.000 e 75.000 euros para a contratación de persoal dedicado a servizos básicos municipais

A Deputación da Coruña inviste 3,5 millóns de euros para crear máis de 400 empregos nos concellos da provincia

Foto (Arquivo). Formoso durante unha presentación do Plan de Emprego Local

A Deputación da Coruña publica hoxe no Boletín Oficial da Provincia a resolución de concesión das axudas do programa PEL-Concellos, a liña do Plan de Emprego Local (PEL) que lles permite aos concellos coruñeses contratar persoas desempregadas para a prestación de servizos básicos municipais.

Este ano, un total de 92 concellos coruñeses recibirán 3.547.620 euros para contratar a máis de 400 persoas durante un período máximo de un ano.

O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, destacou o "carácter social" desta liña do PEL, que "prima a contratación de persoas con especiais dificultades de inserción laboral" e que supón tamén "unha aposta polo mundo rural", xa que o 84% dos fondos (2.964.193 €) se conceden a municipios de menos de 20.000 habitantes, proporcionando aos concellos máis pequenos os medios humanos necesarios para poder ofrecer servizos municipais de calidade. "Cremos no rural e con este programa axudamos a crear postos de traballo e a mellorar os servizos públicos que os concellos ofrecen á veciñanza", afirmou o presidente.

As persoas con maior dificultade para atopar traballo serán a prioridade

Á hora de seleccionar o persoal, os concellos deberán aplicar criterios sociais e dar prioridade á inserción de persoas que pertenzan a colectivos con maiores dificultades para acceder a un posto de traballo.

Así pois, beneficiarase a persoas maiores de 45 anos, desempregadas de longa duración, persoas cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33%, pertencentes a fogares con todos os seus membros en paro, vítimas de violencia de xénero, en risco de exclusión laboral ou mulleres. Ademais, dentro destes colectivos, os concellos primarán a aquelas persoas que  remataran favorablemente programas de capacitación, formación e integración no mundo laboral organizados ou financiados polas administracións públicas.

Entre 19.000 e 75.000 euros por concello

Os importes que reciben os concellos de menos de 50.000 habitantes varían en función da porcentaxe resultante de dividir o número de persoas desempregadas en cada concello entre o número total de persoas desempregadas nos concellos de menos de 50.000 habitantes, oscilando as contías entre os 19.000 e os 52.000 euros. Pola súa banda, os concellos da Coruña, Ferrol e Santiago de Compostela optan a unha contía única de 75.000 euros.

Os operarios e operarias, deberán ser contratados cunha xornada mínima semanal de 25 horas. As axudas destinaranse a sufragar os custos salariais, de Seguridade Social, as indemnizacións por fin de contrato e a formación en materia de prevención de riscos laborais das novas contratacións.

Desde a súa posta en funcionamento, a liña de PEL-Concellos facilitou unha oportunidade laboral a máis de 3.741 persoas desempregadas da provincia.

Aberta a solicitude das liñas PEL para peme, emprendedores e autónomos

PEL-Concellos é unha das liñas PEL, que contempla tamén  axudas para a contratación de persoal en peme e microempresas, para investimentos que melloren a competitividade dos pequenos negocios, para apoiar o emprendemento e para sufragar ás cotas á Seguridade Social dos profesionais autónomos da provincia da Coruña.

A convocatoria para acceder a estas outras liñas de axudas do PEL para peme, microempresas, emprendedores e traballadores autónomos está aberta ata o 22 de febreiro.

Máis información en www.dacoruna.gal e www.pel.gal

SOLICITUDES PEL-CONCELLOS 2024 CONCEDIDAS

COMARCA DO BARBANZA

469.700,21 €

Boiro

52.000,00 €

Carnota

37.000,00 €

Lousame

28.000,00 €

Mazaricos

30.999,44 €

Muros

46.000,00 €

Noia

49.000,00 €

Outes

37.000,00 €

Pobra do Caramiñal, A

46.000,00 €

Porto do Son

43.000,00 €

Ribeira

52.000,00 €

Rianxo

48.700,77 €

COMARCA DE COSTA DA MORTE-BERGANTIÑOS

590.714,19 €

Cabana de Bergantiños

37.000,00 €

Camariñas

39.747,78 €

Cee

49.000,00 €

Cerceda

37.000,00 €

Corcubión

27.975,51 €

Coristanco

46.000,00 €

Dumbría

37.000,00 €

Fisterra

37.000,00 €

Laracha (A)

49.000,00 €

Laxe

37.000,00 €

Malpica de Bergantiños

40.000,00 €

Muxía

36.990,90 €

Ponteceso

40.000,00 €

Vimianzo

40.000,00 €

Zas

37.000,00 €

COMARCA DE CORUÑA-AS MARIÑAS

775.516,90 €

Abegondo

37.000,00 €

Aranga

25.000,00 €

Arteixo

52.000,00 €

Bergondo

42.917,67 €

Betanzos

51.860,40 €

Cambre

49.336,53 €

Carral

40.000,00 €

Coirós

25.000,00 €

Coruña (A)

75.000,00 €

Culleredo

49.402,30 €

Curtis

31.000,00 €

Irixoa

22.000,00 €

Mesía

25.000,00 €

Miño

43.000,00 €

Oleiros

52.000,00 €

Oza-Cesuras

37.000,00 €

Paderne

25.000,00 €

Sada

52.000,00 €

Sobrado

22.000,00 €

Vilasantar

19.000,00 €

COMARCA DE FERROLTERRA, EUME E ORTEGAL

782.000,00 €

Ares

43.000,00 €

Cabanas

31.000,00 €

Capela (A)

25.000,00 €

Cariño

37.000,00 €

Cedeira

43.000,00 €

Cerdido

25.000,00 €

Fene

52.000,00 €

Ferrol

75.000,00 €

Mañón

22.000,00 €

Moeche

22.000,00 €

Monfero

22.000,00 €

Mugardos

40.000,00 €

Narón

52.000,00 €

Neda

40.000,00 €

Ortigueira

40.000,00 €

Pontedeume

46.000,00 €

Pontes (As)

49.000,00 €

San Sadurniño

28.000,00 €

Somozas (As)

25.000,00 €

Valdoviño

43.000,00 €

Vilarmaior

22.000,00 €

COMARCA DE SANTIAGO

929.688,85 €

Ames

52.000,00 €

Arzúa

34.000,00 €

Baña (A)

31.000,00 €

Boimorto

25.000,00 €

Boqueixón

28.000,00 €

Brión

46.000,00 €

Dodro

31.000,00 €

Frades

25.000,00 €

Melide

43.000,00 €

Negreira

46.000,00 €

Ordes

49.000,00 €

Oroso

43.000,00 €

Padrón

49.000,00 €

Pino (O)

31.000,00 €

Rois

37.000,00 €

Santa Comba

46.000,00 €

Santiago de Compostela

74.688,85 €

Santiso

25.000,00 €

Teo

52.000,00 €

Toques

19.000,00 €

Tordoia

28.000,00 €

Touro

31.000,00 €

Trazo

25.000,00 €

Val do Dubra

28.000,00 €

Vedra

31.000,00 €

TOTAL PROVINCIA

3.547.620,15 €