Estás en:Novas

Uns minutos na BD: A viaxe de Exeria

Uns minutos na BD: A viaxe de Exeria Hoxe traémosvos un libro moi especial, por ser dunha muller do século IV, viaxeira, escritora e ademáis da nosa terra. Trátase do Itinerarium Egeriae, a viaxe que realizou a monxa, peregrina e aventureira Exeria, orixinaria da provincia romana da Gallaecia, que pasou pola Galia (hoxe Francia) e logo Italia, o Adriático e Constantinopla, continuando por Exipto, Palestina, Siria, Asia Menor, etc. A viaxe tivo lugar entre os anos 381 e 384. A viaxe coñecémola grazas a un códice do século XI conservado no mosteiro bieito de Monte Casino. Exeria está considerada a primeira escritora hispana en latín, e aínda que non era raro a peregrinación de mulleres a Terra Santa, sí o é que, grazas á súa posición acomodada, curiosidade e autonomía, deixase escrito o que se poderíamos considerar primeiro libro de viaxes galego, con un estilo fresco: notas de viaxe tomadas ás presas, para unhas compañeiras ás que chama irmás. É dicir, un texto de carácter familiar. É unha obra clave, ademáis, para coñecer o latín vulgar da época e tamén a sociedade e liturxia dese momento. Este exemplar que temos na Biblioteca, contén o texto en latín, galego e francés, xa que é unha edición dunha editorial galego-francesa (Éditions Raíña Lupa, de París). Ten a particularidade de estar ilustrada ademáis con litografías do galego Antón Lamazares. É o exemplar número 52 dunha tirada moi limitada, de só 90. Podedes consultalo na Biblioteca coa sinatura RA/32.