Estás en:Biblioteca E-biblioteca Espazo de aprendizaxe

Espazo de aprendizaxe

IM_banners_LE_relanzamiento_diputacion_coruna_20240415.jpg

Qué e o Espazo de Aprendizaxe da eBiblioDaCoruna

É unha plataforma de aprendizaxe tanto en liña como sen conexión, con enfoque multiformato, e é accesible para calquera persoa usuaria das bibliotecas municipais da provincia da Coruña, e da propia Biblioteca da Deputación.

Para poder formar parte desta plataforma é preciso primero formar parte da biblioteca dixital eBiblioDaCoruna que é a biblioteca dixital da Deputación da Coruña para todas as bibliotecas públicas municipais da provincia da Coruña.

Acceder ao aspazo de aprendizaxe non ten ningún custo, e está aberto a que podas usalo as 24 horas do día os 365 días do ano.

Como acceder

Podes entrar directamente picando  na seguinte ligazón: https://ebiblioclub.dacoruna.gal/ 

Para acceder só precisas cumprir os seguintes requerimentos:

  • Estar de alta na plataforma de préstamo dixital eBibliodaCoruna. Date de alta aquí de balde
  • Ter un dispositivo para ler con acceso á Internet: móbil, ordenador, tableta...

Se as cumpres, podes entrar no espazo de aprendizaxe dende o teu dispositivo.

Identifícate coas túas claves da eBibliodaCoruna no apartado "Iniciar sesión".

Se non lembras o teu contrasinal, podes recuperalo dende o apartado de "Iniciar sesión " (debaixo da caixa para introducir o teu usuario e contrasinal).

As persoas que usan a app da eBiblioDaCoruna tamén teñen un acceso directo dentro da área de usuario "Club de lectura e espazo de aprendizaxe" que conecta directamente co Espazo.

Que podo facer

Dentro do Espazo de aprendizaxe poderás atopar unha serie de experiencias ou cursos de autoformación, aos que podes acceder libremente, ler os contidos, acceder aos recursos para completar a aprendizaxe, e nalgúns deles autoavaliarte.

As experiencias de autoformación son das máis variadas temáticas, elixe aquela do teu interese e afonda nos teus coñecementos.

Contacto coa EbiblioDaCoruna

O Espazo de aprendizaxe está xestionado pola Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña.

Na rede podes encontralo no enderezo https://ebiblioclub.dacoruna.gal

Fisicamente encóntrase localizado en R/ Riego de Agua 37, 15001 na Coruña.

Para dúbidas ou consultas sobre o funcionamento do Espazo de aprendizaxe podes contactar con nós no enderezo electrónico biblioteca.info@dacoruna.gal e tamén no teléfono 981 080 176 en horario de apertura da biblioteca.