Estás en:Novas

Os retos da ciberseguridade en empresas e institucións, a debate na Deputación

Os relatores explicaron as principais normas que regulan a gobernanza da ciberseguridade e as obrigas das empresas que deberán asumir conforme á recente normativa europea

O deputado provincial, Antonio Leira, foi o encargado de inaugurar este ciclo. Leira destacou a implicación dos sectores público-privados para adaptarse aos novos marcos regulatorios en ciberseguridade.

Os retos da ciberseguridade en empresas e institucións, a debate na Deputación

A sede da Deputación acolleu hoxe unha xornada formativa sobre o mapa regulatorio da ciberseguridade en Europa e en España.
Esta xornada sobre ciberseguridade e identidade dixital, que conta coa colaboración da Deputación da Coruña, socia fundadora do Nodo Ciber.gal, está organizada pola entidade Radiant, xunto con Garrigues e co apoio da Amtega.

O deputado provincial Antonio Leira foi o encargado de inaugurar este ciclo. Leira destacou a importancia da implicación dos sectores público-privados para adaptarse aos novos marcos regulatorios en materia de ciberseguridade.

A primeira sesión tivo lugar hoxe na sala Juanjo Gallo do Pazo Provincial, e repasou as principais normas que regulan a gobernanza da ciberseguridade e as novas obrigas que as empresas e institucións deberán asumir conforme á recente normativa europea.

A sesión contou coa participación de empresas como ABANCA e Hijos de Rivera.