Estás en:Novas
Servizos dixitais da eBiblioDaCoruna

Nace o Espazo de Aprendizaxe da eBiblioDaCoruna

Dentro do Espazo de aprendizaxe poderás atopar unha serie de experiencias ou cursos de autoformación, aos que podes acceder libremente, ler os contidos, acceder aos recursos para completar a aprendizaxe, e nalgúns deles autoavaliarte.

Nace o Espazo de Aprendizaxe da eBiblioDaCoruna

IM_banners_LE_relanzamiento_diputacion_coruna_20240415.jpg

Que e o Espazo de Aprendizaxe da eBiblioDaCoruna


É unha plataforma de aprendizaxe tanto en liña como sen conexión, con enfoque multiformato, e é accesible para calquera persoa usuaria das bibliotecas municipais da provincia da Coruña, e da propia Biblioteca da Deputación.

Para poder formar parte desta plataforma é preciso, primeiro, formar parte da biblioteca dixital eBiblioDaCoruna que é a biblioteca dixital da Deputación da Coruña para todas as bibliotecas públicas municipais da provincia da Coruña.

Acceder ao espazo de aprendizaxe non ten ningún custo, e está aberto a que poidas usalo as 24 horas do día, os 365 días do ano.

Como acceder


Podes entrar directamente premendo na seguinte ligazón: https://ebiblioclub.dacoruna.gal/

Para acceder só precisas cumprir os seguintes requisitos:

    • Estar dado/a de alta na plataforma de préstamo dixital eBibliodaCoruna. 
    • Ter un dispositivo para ler con acceso á Internet: móbil, ordenador, tableta...

Se as cumpres, podes entrar no espazo de aprendizaxe dende o teu dispositivo.

Identifícate coas túas claves da eBibliodaCoruna no apartado "Iniciar sesión".

Se non lembras o teu contrasinal, podes recuperalo dende o apartado de "Iniciar sesión " (debaixo da caixa para introducir o teu usuario e contrasinal).

As persoas que usan a app da eBiblioDaCoruna tamén teñen un acceso directo dentro da área de usuario "Club de lectura e espazo de aprendizaxe" que conecta directamente co Espazo.

Que podo facer


Dentro do Espazo de aprendizaxe poderás atopar unha serie de experiencias ou cursos de autoformación, aos que podes acceder libremente, ler os contidos, acceder aos recursos para completar a aprendizaxe, e nalgúns deles autoavaliarte.

As experiencias de autoformación son das máis variadas temáticas, elixe aquela do teu interese e afonda nos teus coñecementos.

Contacto coa EbiblioDaCoruna


O Espazo de aprendizaxe está xestionado pola Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña.

Na rede podes atopalo no enderezo https://ebiblioclub.dacoruna.gal

Fisicamente está localizado en R/ Riego de Agua 37, 15001 na Coruña.

Para dúbidas ou consultas sobre o funcionamento do Espazo de aprendizaxe podes contactar con nós no enderezo electrónico biblioteca.info@dacoruna.gal e tamén no teléfono 981 080 176 en horario de apertura da biblioteca.

IM_infografia_relanzamiento_diputacion_coruna_20240415.jpg