Estás en:Novas

Formoso e o reitor da UDC analizaron vías de colaboración entre a Deputación e a Universidade

O presidente provincial e Ricardo Cao mantiveron unha reunión de traballo na que tamén revisaron a situación de proxectos en común entre ambas as dúas institucións

Formoso e o reitor da UDC analizaron vías de colaboración entre a Deputación e a Universidade

Valentín González Formoso (dereita) e Ricardo Cao Abad (esquerda)

O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, mantivo esta mañá unha reunión de traballo co reitor da Universidade da Coruña, Ricardo Cao Abad, na que analizaron diferentes vías de colaboración entre ambas as dúas institucións. Unha delas foi a posibilidade de que a Deputación se implique no programa da Universidade Sénior no medio rural.

O encontro serviu tamén para revisar a situación de proxectos que xa se están a desenvolver conxuntamente, como o plató virtual Coruña Estudo Inmersivo, cuxas instalacións xa se empezaron a levantar na Cidade das TIC e que, segundo as previsións, estarán en funcionamento antes de que remate o ano.