Estás en:Novas
Día do Libro 2024

eBiblioDaCorunaClub: "La fuente de la edad"

Nova lectura do noso club de lectura dixital, na sala "Compartiendo lecturas"

eBiblioDaCorunaClub:

Comeza nova lectura no club de lectura dixital: "La fuente de la edad".

De cara á celebración de mañá do Día do Libro, comezamos cunha interesante lectura do Premio Cervantes 2023, Luis Mateo Díez.

Podes entrar coas túas claves da eBiblioDaCoruna en: https://ebiblioclub.dacoruna.gal/ e se non as tes, solicita de balde a túa alta aquí: /biblioteca/formularios/solicitude-para-maiores-18/

Con "La fuente de la edad", Luis Mateo Díez, un dos maiores narradores españois contemporáneos, obtivo o Premio da Crítica e o Premio Nacional de Literatura.

Corren os penosos anos cincuenta nunha cidade de provincias sumida na penuria e o esquecemento. Os integrantes dunha peculiar Confraría -máis encamiñada ao etílico e ao esotérico que aos rigores da penitencia- inician unha noite unha disparatada aventura, dirixida ao achado dunha mítica fonte de augas virtuosas, da que un día bebeu, ao que parece, un eximio cóengo de dilatada memoria.
A aventura dos confrades marcará a liña simbólica a partir da cal se abrirá unha vía de escape do mundo estreito e ramplón que os rodea. E ese será, naturalmente, o tema substancial da novela: o enfrontamento entre a vida real e a imaxinaria, a loita entre o disparate -tinguido tamén de inocencia- e o convencionalmente establecido por unha sociedade sen imaxinación.

Máis información sobre o funcionamento do club aquí: https://www.dacoruna.gal/.../ebibliotecadacoruna-club-lector

Se accedes á plataforma desde o teu móbil, lémbrate de descargar a nova app, chámase eBiblioDaCoruna e está dispoñíble para a súa descarga gratuíta en todas as tendas de aplicacións dos diferentes sistemas operativos.