Estás en:Servizos Tributarios Preguntas frecuentes Información relativa a multas

Información relativa a multas

Ten dúas opcións para pedila

Pode pagar a multa coa redución do 50% durante os 20 días naturais seguintes á data de notificación da denuncia. Este pago con redución implica que renuncia a formular alegacións, e en caso de facelas teranse por non presentadas.

Ten un prazo de 20 días naturais desde a data da notificación da infracción, para identificar o condutor. Pódeo facer presentando un escrito:

  • Telematicamente con certificado dixital ou Cl@ve a través de nosa Oficina Virtual Tributaria ou da nosa Sede Electrónica

  • A través de calquera dos medios de rexistro establecidos na Lei de procedemento administrativo

No escrito de identificación teñen que constar unha serie de datos: nº de boletín da denuncia, matrícula do vehículo, nome do condutor, permiso de conducir e domicilio.

Ten un prazo de 20 días naturais desde a notificación da denuncia para presentar un escrito asinado coas alegacións, identificando o número de expediente e os datos do seu titular. Pode presentala:

  • Telematicamente con certificado dixital ou Cl@ve a través de nosa Oficina Virtual Tributaria ou da nosa Sede Electrónica

  • A través de calquera dos medios de rexistro establecidos na Lei de procedemento administrativo

O Concello da Coruña delegou na Deputación só a recadación das súas multas cando xa están con recarga, para solicitar información sobre ela e de como levou a cabo o procedemento sancionador así como se realizou a notificación do inicio ten que poñerse en contacto co Concello da Coruña (información xeral: tfno.. 010 / email: sancionestrafico@coruna.gal - tfno: 981 18 42 00 - ext. 13068).

O Concello de Santiago de Compostela delegou na Deputación só a recadación das súas multas cando xa están con recarga, para solicitar información sobre ela e de como levou a cabo o procedemento sancionador así como se realizou a notificación do inicio ten que poñerse en contacto co Concello de Santiago (Telf. 881 599 977 de 8 a 20 h. en horario ininterrompido/981 542 384 de 9 a 14 h.) que é o organismo que xestiona as multas deste municipio.