Páxinas
Novas

Oficina virtual tributaria

Servizos de Acceso con Certificado Dixital

O contribuínte pode acceder á oficina virtual tributaria utilizando calquera dos seguintes certificados dixitais: 

  1. DNI electrónico: Deberá dispor de DNI electrónico e coñecer a clave para utilizar os certificados do mesmo.
  2. Certificación dixital da FNMT: Deberá ser titular da certificación dixital en vigor da Fabrica Nacional de Moneda y Timbre.

 Unha vez identificado o contribuínte de forma segura, por calquera dos medios que se indican, permíteselles acceder en tempo real a consultar ou realizar as seguintes operacións:

  

  • A súa información ou conta tributaria sin esixir unha segunda acreditación.
  • Os seus valores en voluntaria, executiva ou os que estén incluidos nun expediente de prema.
  • Os seus expedientes de xestión.
  • Os seus bens que constituen obxectos tributarios (Inmobles, Vehículos...etc.).
  • Localización na cartografía oficial do Catastro.
  • Domiciliación dos seus recibos.
  • Alta de autoliquidación de Vehículos.
  • Pago dos seus recibos.
  • Modificación ou ampliación de alguns dos seus datos persoais (enderezo, data de nacimento, teléfonos fixo e móbil, fax, correo electrónico..etc.).
  • Consulta de recibos anulados.
  • Xustificante de recibos pagados.
  • Impresión de documentos cobratorios.

Titorial da Oficina Virtual Tributaria

 IMPORTANTE : Si vai utilizar os trámites da OVT que requiran firma dixital (p.e. Presentación de solicitudes, recursos e/ou documentación) deberá configurar o seu navegador como se indica no apartado "Información de configuración e seguridade" incluído dentro da OVT. Deberá prestar especial atención ao apartado titulado "Requisitos para poder facer uso da firma dixital". En caso de non facelo adecuadamente será imposible rematar o proceso de firma.

 

Acceso á Oficina Virtual Tributaria [ Galego | Castellano ]

Servizos de Acceso Libre

1.- Oficina Virtual das entidades bancarias:

Acceso ás oficinas virtuais de ABANCA e BBVA. Deberá ser cliente ou contratar, se non o fose xa, os Servizos de Banca Electrónica dalgunha destas Entidades Financeiras Colaboradoras. Esta opción inclúe a posibilidade de pago de recibos polas mesmas, sin necesidade de dispor de datos de recibo. Tamén garantiza aos clientes de Banca Electrónica das entidades citadas o acceso por ésta opción á totalidade de servizos avanzados da Oficina Virtual.

 

 

2.- Pago de recibos con tarxeta de calquera entidade bancaria:

 

 

 3.- Consulta de datos catastrais: 

http://www.catastro.meh.es/

4.- Trámites dentro de la Oficina Virtual Tributaria.

En galego:  https://seguro.gtt.es/

En castellano: https://seguro.gtt.es/

Poderá realizar a consulta de cargos en conta de recibos en voluntaria, do detalle de parcelas de IBI rústica, obter o documento de pago de recibos en período voluntario e autoliquidacions.