Estás en:Patrimonio Dolmen de Axeitos

Dolmen de Axeitos

 O monumento megalítico denominado “Dolmen de Axeitos” entraría de cheo dentro do tipo de xacementos denominados cámaras poligonais con corredor intratumular.

Aínda que Axeitos non foi, polo momento, obxecto de excavacións arqueolóxicas, os resultados obtidos noutros xacementos de características moi semellantes, como Dombate (Cabana de Bergantiños) ou Forno dos Mouros (Toques), permiten reconstruír, aínda que de xeito provisional e achegado, o seu rexistro arqueográfico.
De modo sucinto, o monumento megalítico de Axeitos está constituído por un túmulo de preto de 30 m de diámetro (actualmente moi desfigurado), seguramente recuberto por unha coiraza pétrea, que acolle no seu interior unha complexa estructura arquitectónica conformada por cámara poligonal e, según tódolos indicios, corredor intratumular orientado ó SE e diferenciado en planta e altura. Cabe supoñer a máis que probable existencia nesa mesma zona dun sistema de acceso tipo adro.

Horario de visita: 

Visitas libres todos os días da semana

Teléfono de contacto: 686587000

turismo@ribeira.gal