Páxinas
Novas

Novas

Image Slider
A Deputación “libera” catro imaxes de Rosalía
Páxinas suxeridas
  • Cultura
    Información sobre premios, rede cultural, bolsas, publicacións, etc.
  • Rede Cultural da Deputación da Coruña
    Programas de música e teatro para grupos non profesionais, de música clásica para intérpretes profesionais e de teatro e marionetas para compañías profesionais.
  • Premios
    Convocatorias de premios e concursos de Cultura
  • Charlas para as familias
  • Salas Municipais
    Relación de salas dos concellos destinadas a actuacións e concertos
  • I Premio “Begoña Caamaño”
    En memoria da xornalista, escritora, activista cultural e feminista galega Begoña Caamaño, e coa finalidade de recoñecer as persoas e iniciativas culturais e artísticas que promoven socialmente a igualdade de xénero desde o campo da cultura, a Deputación da Coruña convoca o Premio Begoña Caamaño á Mellor Iniciativa Cultural pola de Igualdade de Xénero
  • Fotografía turística "93 destinos por descubrir"

A Deputación “libera” catro imaxes de Rosalía

22 de Febreiro de 2016

A Deputación da Coruña, a través da súa área de Cultura, pon en libre circulación, para usos non comerciais, catro novas imaxes de Rosalía de Castro creadas para a ocasión por catro deseñadoras. Unha lectura colectiva de poemas da autora conmemorará na Biblioteca Provincial o aniversario do nacemento da escritora galega máis universal.

Uqui Permui, Aurora Cascudo, Aldara Prado e Paula Mayor son as ilustradoras que crearon as catro novas imaxes de Rosalía de Castro que a Deputación da Coruña "libera" con motivo do aniversario do nacemento da escritora. "Son catro novas interpretacións desde catro creadoras de hoxe da que é un referente indiscutíbel da nosa cultura. Rosalía foi interpretada a través da poesía, da música, do teatro ou as artes plásticas e nós quixemos que catro ilustradoras deitasen a súa mirada sobre ela para que, como as grandes iconas do noso tempo, a súa imaxe se difundise nas redes de maneira exponencial", comenta a vicepresidenta e responsábel da área de Cultura, Goretti Sanmartín Rei.

Como acontece en datas moi sinaladas e de gran relevancia, a fachada da Deputación da Coruña –no lado do Teatro Colón- loce dúas faixas inmensas nas que se mostran as imaxes de Uqui Permui, Aurora Cascudo, Aldara Prado e Paula Mayor. As imaxes, por acordo coas autoras, circularán libremente polas redes sociais e desde a área de Cultura convídase a que sexan publicadas en calquera dos posíbeis soportes e, de maneira especial, nas redes sociais.

Lectura colectiva

A área de Cultura da Deputación convoca tamén para o día de nacemento da escritora, o 24 de febreiro, unha lectura pública da poesía de Rosalía de Castro que se desenvolvera na sede da Biblioteca Provincial (Rego de Auga, 37) ás 12 horas. A Biblioteca dedicaralle tamén o seu club de lectura a unha autora culta e trascendental de forte compromiso coas mulleres e as clases populares. Editará asemade unha guía de lectura sobre a súa obra.

 

Pode descargar as imaxes neste enlace