Páxinas
Novas

Novas

Image Slider
A UIMP achégase a temas de actualidade no seu programa de cursos avanzados
Páxinas suxeridas
A Deputación da Coruña colabora nas actividades compostas por encontros e conferencias de distintas áreas de coñecemento

A UIMP achégase a temas de actualidade no seu programa de cursos avanzados

12 de Setembro de 2017

Innovación na administración pública, coordinación ante grandes aglomeracións, transición enerxética, obesidade como epidemia dos nosos tempos ou ciberseguridade son algún dos temas que centran o programa de cursos da Universidade Internacional Menéndez Pelayo que hoxe presentaron na Deputación da Coruña o director Jaime Rodriguez Arana, e no que participaron a vicepresidenta da Deputación, Goretti Sanmartín Rei e o concelleiro de Culturas da Coruña, Xosé Manuel Sande ademais directores e directoras dos cursos.

"Os cursos da UIMP contribúen á saída do coñecemento da Universidade do seu entorno académico e, neste sentido, son pioneiros á hora de facer accesíbel o coñecemento e as figuras da investigación a un público máis alá do universitario", sinalou Goretti Sanmartín Rei na súa intervención en que destacou o contido de "interese social" dos propios cursos ademais da novidade do ciclo e conferencias "Talento e Sociedade", en que participarán Darío Villanueva, Mabel Loza ou Andreu Palop.

O director da UIMP en Galiza, Jaime Rodríguez Arana, destacou que o programa de cursos avanzados é a actividade máis relevante anual cun plan para o presente cuadrimestre que está conformado por cursos e encontros con contidos diversos e a actualidade como denominador común. "Trátase dun proxecto colectivo dirixido por persoas de relevo composto por encontros que son continuidade e a novidade de conferencias con materias relevantes de actualidade", explicou Rodríguez Arana ao tempo que destacou a multidisciplinariedade duns encontros que visitan materias de ciencias sociais, cultura, a innovación nas administracións públicas ou a nova política urbanística.

Debullou Rodríguez Arana o programa dos cursos facendo fincapé no dirixido por Xosé Antonio Fraga sobre Salvador de Madariaga, "Innovación na administración pública" a cargo de Manuel Arenilla; "Políticas públicas e servizos sociais", dirixido por Victoria de Dios Vieitez, "O rol das políticas urbanas e o urbanismo nos próximos vinte anos" de Almudena Fernández, "O futuro do protocolo" de Rafael Vidal ou dous da área sanitaria como son "Camiñando cara a oncoloxía de precisión a través da biopsia líquida" de Rafael López López e "Obesidade Epidemia do século XXI" dirixido por Felipe Casanueva". Ademais, o programa inclúe dous cursos do ámbito cultural como son o encontro arredor da xeroperformance a cargo do artista brasileiro Paulo Bruscky dirixido por Silvia Longueira e "Pensar con sons. Sinfonismo Galego", de Maximino Zumalave. Dous temas de actualidade intégranse tamén no plan dos cursos, "Coordinación ante grandes aglomeracións" dirixido por Roberto Lage e "Hacking ético para novos escenarios da ciberseguridade", a cargo de Pablo González Pérez.