Páxinas
Novas

Novas

Image Slider
A Deputación publica a concesión provisional das súas bolsas artísticas
Páxinas suxeridas
A área de Cultura destina 180.000 € á 20 bolsas de especialización nunha convocatoria que incorpora audiovisual e ilustración e banda deseñada

A Deputación publica a concesión provisional das súas bolsas artísticas

11 de Agosto de 2017

A área de Cultura da Deputación da Coruña concede vinte bolsas de formación artística nas áreas de música, artes plásticas e visuais, teatro e interpretación, audiovisual, danza e movemento e ilustración e banda deseñada. Cada bolsa está dotada con 9.000 €.

A área de Cultura da Deputación da Coruña publica a puntuación final e a concesión provisional das vinte bolsas de formación artísticas para completar estudos nas distintas disciplinas creativas. Por áreas, 9 están dirixidas a estudos de música, 3 a artes plásticas e visuais, 3 a teatro e interpretación, 2 a danza e movemento, 2 a audiovisual e 1 a ilustración e banda deseñada.

Másters, proxectos de investigación e formación en centros internacionais son algúns dos principais obxectivos das bolsas que contribúen a completar estudos en ámbitos artísticos. "Son bolsas encamiñadas a apoiar a formación artística, ámbitos de estudo que precisan de axuda institucional xa que supoñen altos custes para as persoas que se queren dedicar profesionalmente á creación artística e, pola contra, teñen poucas posibilidades de atopar financiamento", explica a vicepresidenta e responsábel da área de Cultura da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín Rei.

A área de Cultura da Deputación da Coruña destina 180.000€ a esta nova edición das bolsas na que se incorporan dúas novas modalidades, o audiovisual e a ilustración e a banda deseñada ademáis de abrir a modalidade de danza a outras artes do movemento co obxectivo de adaptar o mapa das bolsas á realidade cultural do país. "Para nós, é importante manter este apoio que reverterá no futuro da nosa creación cultural tamén en ámbitos como o audiovisual ou a banda deseñada en que estamos a destacar como cultura e necesita tamén que sexan recoñecidos en convocatorias como esta", anota , Goretti Sanmartín.

Artes Plásticas e Visuais

-Jacobo Bugarín Osorio
Proxecto formación individual. Programa de estudos personalizado en Arco

-María Vanesa Castro López
Deseño e producción de proxectos de intervención artística e cultural no medio rural

-Pablo Rodríguez Barreiro
A Condición da Forma: investigación sobre a reproductibilidade na Cerámica

Música

Amaro Sampedro López
3º Ano de Licenza (Grao) en musicoloxía opción músico intérprete, especialidade saxofón

Daniel Vlashi Llukaci
1º ano de Máster, especialidade violín

Helena Otero Correa
Máster Música de Cámara

Hugo Gómez-Chao Porta
Másterstudium Programe Comosition na Kunstunivertitat Graz

Iago Domínguez Eiras
Estuos de postgrado na "School of Excellence" da Hochschule für Musik Basel

Iria Folgado Dopico
4º curso de Estudos Superiores de Interpretación Musical (oboe)

Manuel Casares Gestal
Máster en Música: interpretación-Piano

Mireia Castro Real
Master of Arts in Music Performance-Violín (2º curso)

Ricardo Pedrares Patiño
Segundo ano de Master en Trombón

Teatro e Interpretación

Antón Coucheiro Faílde
Máster en Dirección de Teatro

Mónica Suárez Casal
Formación profesional en Teatro-Físico-École Philippe Gaulier

Paula Santiago Pier
Máster Profesionala en Teatro Musical

Audiovisuais

Irenen Parga Todoroff
Máster en Animación 3D. Oficial de autodesk Maya Mam

Santiago Teijelo Vázquez
Dirección de Ficción

Danza e movemento

Inés Barcia Fabregas
Ivestigación do desenvolvemento e saúde do corpo en movemento a través da danza contemporánea, o teatro físico e a convivencia na comunidade artística

Sofía Liñares Vázquez
Estudos de Danza 1º Curso Senior Ano 2017-2018 Upper School, Covent Garden, Royal Ballet School

Ilustración e Banda Deseñada

Sara Blanco Cambeiro
Máster de Ilustración e Concept Art