Páxinas
Novas

Novas

Image Slider
A vicepresidenta e responsábel da área de Cultura, Goretti Sanmartín, participou na presentación do evento que acolle case 80 espectáculos do 3 ao 30 de agosto
Páxinas suxeridas
Artistas de México, Ghana, Colombia, Estados Unidos, Cuba, Canadá, Escocia, Inglaterra, Portugal e Irlanda, ademáis de Galiza, participan nesta nova edición do festival “O Feito a Man” que terá lugar ao longo deste mes de agosto en Compostela, organizado

A Deputación da Coruña colabora co festival “O Feito a Man” de Santiago de Compostela

31 de Xullo de 2017

Setenta e oito concertos e outras tantas bandas e/ou artistas volverán encher as rúas e prazas da Cidade Vella compostelá nesta décimo cuarta edición do Feito a Man

Goretti Sanmartín participou na presentación do festival na compostelá Praza de Feixóo, coa presenza de Manu Rodriguez e Ánxeles Porto por parte da organización e o alcalde da cidade, Martiño Noriega, ademais da actuación de Espiño. Na súa intervención, Goretti Sanmartín destacou o esforzo da Deputación da Coruña que destina case un millón de euros a festivais organizados por concellos e entidades. Valorou o esforzo da Asociación Cultural Cidade Vella á hora de promover e difundir a cultura por medio do festival nun mes de especial relevancia turística en Santiago de Compostela.

Goretti Sanmartín fixo fincapé na capacidade dos festivais de seren escaparates da cultura e tamén elementos fundamentais para un turismo de calidade e sustentábel.

Polo Feito a Man deste ano, o máis longo e abondoso de todos os que se teñen celebrado, Por el pasarán máis de 70 propostas artísticas diferentes de diversos estilos musicais: pop, rock, blues, jazz, hip hop, música tradicional galega...

Como vén sendo habitual, o groso do festival recae nos concertos de pequeno formato realizados nas terrazas dos establecementos organizadores, mais tamén haberá lugar para noites con artistas de maior formato. Así, á parte de rúas como a Vía Sacra, a rúa da Orfas, a Praza de Feixóo, Tras San Fiz de Solovio ou rúa Xelmírez; tamén haberá actuacións nas prazas de Mazarelos, San Martiño Pinario, Cervantes ou Quintana.

Dous concertos especiais

Esta última dous concertos de maiores dimensións -e de pagamento-: o 20 de agosto un concerto dos escoceses Shooglenifty coa Banda das Crechas e as Tanxugueiras, que levará o nome de 'Noite para Angus', o violinista da banda escocesa que tanta relación tiña con Galicia; e o día 30, para fechar o festival, terá lugar o espectáculo 'Camiñar sen fin. Concerto para Narf', no que participarán ducias de artistas do mundo da música e das artes escénicas que farán un percorrido pola carreira de Fran Pérez, 'Narf'.

Bandas locais e internacionais

Nestes 28 días de programación continuada, con dous ou tres concertos diarios en diferentes puntos da cidade, poderemos ver concertos de moitos xéneros musicais e tamén de distintas procedencias.

Tal e como é sinal de identidade desde o comezo da propia existencia deste festival, continuamos a promover a escena local cunha programación na que se prima o talento de proximidade. Así, poderemos escoitar bandas como Oh Ayatollah, Espiño, Som do Galpóm, Os d'Abaixo, Valentin Caamaño Trío, Trifasic, Zapa, Chocolate band, Mojo Experience, Pablo Sanmamed Trio, Alô Django, Garcia Mc, The Neighbour, Banda das Crechas, Grüvzilla, Leira Catro, The Show Bass, Puma Pumku, Noe Black ou Tres Pesos.

Alén disto, tamén poderemos ver bandas internacionais como Quique Escamilla (Canadá/México), Kyekyeku (Ghana), Kamankola (Cuba), DJ Najle (Colombia), Cygne (California, EEUU), Kaela Rowan Band (Escocia), Haema (Portugal), Michelle Alany and the Mystics (EEUU), Scratchy Sounds (Inglaterra), Mongrel State (Irlanda) ou Luiz Caracol (PT).