Páxinas
Novas

Novas

Image Slider
A Deputación da Coruña apoia con 80.000 euros a XXXIV Mostra da Olería de Buño
Páxinas suxeridas
  • Turismo escolar
    Desde a Deputación da Coruña trabállase pola conservación e a preservación do patrimonio da provincia do cal é responsable. Por iso crear sinerxías entre o patrimonio cultural e os máis pequenos convértese nun obxectivo primordial que proporcione valores e coñecementos aos máis pequenos.
  • Contacto
    Información para contactar co área de turismo da Deputación Provincial
  • Batáns do mosquetín
    Información para visitar os batáns no concello de Vimianzo
  • Turismo
  • Solicitude de bonificación do IBI
    Vivenda de protección oficial, de prezo taxado. Empresas de urbanización, construcción e promoción inmobiliaria
  • Empresas
    Solicitude de bonificación empresas de urbanización, construcción e promoción inmobiliaria
  • Características
  • Patrimonio
    Monumentos do patrimonio provincial.
  • Patrimonio histórico
    Solicitude de exención para patrimonio histórico 
  • Catálogo de Patrimonio Artístico da Deputación de A Coruña
    Fai vinte anos presentamos o primeiro catálogo do patrimonio artístico da Deputación da Coruña, no que se compilaban 477 obras de arte, pinturas e esculturas propiedade desta institución, que conformaban un importante legado cultural, en constante crecemento durante máis de cento cincuenta anos.
  • Charlas para as familias
  • I Concurso de ideas “Luísa Villalta” de proxectos culturais pola igualdade
  • I Premio “Begoña Caamaño”
    En memoria da xornalista, escritora, activista cultural e feminista galega Begoña Caamaño, e coa finalidade de recoñecer as persoas e iniciativas culturais e artísticas que promoven socialmente a igualdade de xénero desde o campo da cultura, a Deputación da Coruña convoca o Premio Begoña Caamaño á Mellor Iniciativa Cultural pola de Igualdade de Xénero
O presidente provincial, Valentín González Formoso, e o alcalde de Malpica, Eduardo Parga Veiga, asinaron hoxe o convenio de colaboración para a organización do evento, que terá lugar entre o 4 e o 13 de agosto

A Deputación da Coruña apoia con 80.000 euros a XXXIV Mostra da Olería de Buño

31 de Xullo de 2017

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e o alcalde de Malpica de Bergantiños, Eduardo Parga Veiga, asinaron hoxe un convenio de colaboración mediante o cal a institución provincial achega 80.000 euros para financiar a Mostra da Olería de Buño.

Esta achega custeará o 80% do orzamento total do evento, incluíndo os gastos en publicidade, material gráfico, o alugueiro das carpas e os espazos expositivos, actividades coma obradoiros para nenos e outras animacións, ademais dos gastos de persoal para a organización do encontro.

Valentín González Formoso, destacou que co apoio á mostra, a Deputación pretende impulsar a "olería de Buño non só como recurso cultural e turístico senón tamén como motor para a creación de emprego e riqueza na comarca" e confirmou que a institución provincial continuará colaborando no seu desenvolvemento.

A Mostra da Olería de Buño, que cumpre a súa trixésimo cuarta edición, desenvolverase entre o 4 e o 13 de agosto, e incluirá actividades coma roteiros turísticos, actuacións musicais, obradoiros e distintos tipos de artesanía tradicional da zona. A mostra desenvolverase no parque Luciano García Alén, onde se situarán as casetas de venda, e no Ecomuseo Forno do Forte, que acollerá a xa emblemática cocedura tradicional.

O Ecomuseo, adquirido e rehabilitado pola Deputación da Coruña, tamén ofrecerá distintas exposicións e visitas ás coleccións sobre a tradición oleira da comarca. Este inmoble conserva os elementos arquitectónicos propios dunha casa dedicada á olería, ademais de recuperar e mostrar a historia das distintas formas nas que se traballa o barro na comarca.