Páxinas
Novas

Novas

Image Slider
A Deputación da Coruña sitúase á cabeza no apoio a festivais de música, artes escénicas e audiovisuais

A Deputación da Coruña sitúase á cabeza no apoio a festivais de música, artes escénicas e audiovisuais

04 de Xullo de 2017

Cun orzamento que supera o medio millón de euros para os organizados polos concellos, a Deputación da Coruña sitúase á cabeza das institucións que apoian os festivais de música, artes escénicas e audiovisuais. Á cantidade, sumarase en breve a resolución para os organizados por entidades que ampliará a distancia con outros organismos do ámbito cultural.

Curtocircuíto de Santiago e o Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira con 90.000 euros son os dous festivais que reciben unha cantidade maior na liña de axudas a festivais da área de Cultura da Deputación da Coruña que, nesta edición, apoia vinte e cinco eventos organizados na provincia. En total son 518.187,14 € os que a área de Cultura destina a festivais organizados por concellos o que a sitúan, con diferencia, na institución que máis apoia o que se consideran especiais escaparates ao vivo para a música, artes escénicas e producións audiovisuais.

Esta cantidade, que a área de Cultura achega a festivais organizados por Concellos, e da que hoxe se publica no BOP a resolución provisional, verase duplicada cando nuns días se resolva a liña de axudas para os organizados por entidades. "Supón unha aposta clara polos festivais, tanto organizados polos concellos como os de entidades, como escaparates da nosa cultura, dinamizadores culturais e eventos de vital importancia para o sector da cultura", explica Goretti Sanmartín, responsábel da área de Cultura da Deputación da Coruña.

"O esforzo deixa á vista o noso compromiso cos festivais como eventos culturais mais tamén recursos turísticos de primeiro nivel e cunha importante repercusión económica para os concellos", sinala Goretti Sanmartín.

Festivais como Cineuropa, Rock in Cambre, Festival Carballo Interplay , Mostra de Teatro Infantil e Xuvenil de Narón, Festival Desordes Sonoras, Mostra de Teatro de Cariño, Traz outro amigo Também de Cedeira, Fartar de Arteixo ou Val de Rúa de Betanzos son algúns dos vinte e cinco beneficiarios da liña de axudas para concellos en concorrencia competitiva seguindo criterios obxectivos como traxectoria, impacto social, número de edicións ou presenza de grupos, bandas e producións galegas. En poucos días darase a coñecer a resolución de axudas para festivais organizados por entidades co que a Deputación da Coruña achegará un millón de euros só para os celebrados na provincia.

Curtocircuíto 2017 (Santiago).......................................................90.000 €

XXXI Cineuropa (Santiago)..........................................................72.000 €

Cinema Crianza 2017 (Ames)......................................................18.284,10 €

Fartar 2017 (Arteixo)..................................................................... 4.336,73 €

Festival do Queixo 2017 (Arzúa)...................................................26.748,50 €

XVIII Festival Folk Guísamo (Bergondo).........................................6.720€

Vai de Rúa 2017 (Betanzos)...........................................................2.706,17 €

Rock in Cambre 2017 (Cambre)....................................................26.250 €

Festival Carballo Interplay 2017 (Carballo)....................................33.174, 96 €

Mostra de Teatro de Cariño (Cariño).............................................17.577,07 €

Traz outro amigo tambem (Cedeira)................................................2.019,91 €

Festival de Blues (Fisterra)..............................................................2.929,50 €

Festimaxia Lousame II (Lousame)...................................................3.150 €

Noite de Bolos (Neda)......................................................................3.111,57 €

IV Festival Internacional de Arpa Vila de Noia (Noia)......................5.692,50 €

XVIII Mostra Curtametraxes Vila de Noia (Noia)............................47.950 €

Oleiros EXT-Cenico (Oleiros) ...........................................................2.257,50 €

VI Festival Desordes Sonoras (Ordes)..............................................4.827,90 €

Festial Internacional do Mundo Celta 2017 (Ortigueira)..................90.000 €

Festival de Jazz de Rianxo (Rianxo).................................................5.384,19 €

Rois arrasa (Rois)..............................................................................1.575 €

Chanfaina Lab (San Sandurniño).......................................................6.019,63 €

Asalto ao Castelo (Vimianzo)............................................................19.668,53 €

Galicreques (Consorcio As Mariñas)...................................................4.515 €

Mostra de Teatro Infantil e Xuvenil (Narón)........................................21.288,38 €

Total concedido..............................................................................518.187,14 €