Páxinas
Novas

Novas

Image Slider
Goretti Sanmartín destacou: "o valor singular desta Festa, por ser celebrada nunha Carballeira, xa que o carballo simboliza a esencia de ser galego"
Páxinas suxeridas

Goretti Sanmartín destaca a Carballeira de Zas como un festival xenuíno fronte “á reforestación rápida”

13 de Xuño de 2017

A carballeira como monumentos naturais e paisaxísticos que nos identifica como país foi a metáfora que a vicepresidenta e responsábel da área de Cultura da Deputación empregou na presentación da 34 edición da Carballeira de Zas que se desenvolverá os días 4 e 5 de agosto.

Ademais de Goretti Sanmartín, participaron na presentación do festival que se desenvolveu na Coruña o Tenente Alcalde de Zas, Óscar Lema, o Concelleiro de Cultura de Zas, Manuel García, o Director de Festival, Fidel Otero e o Brand Manager de SON Estrella Galicia Víctor Mantiñán.

A vicepresidenta da Deputación destacou o apoio que a institución dá aos festivais que son, ao seu ver "as veas polas que circula a nosa música e a nosa cultura" e estimou en case un millón de euros o que este ano se destinará a estes eventos que se desenvolven maiormente no verán.

"Os festivais, como o corazón, irradian cultura e son un potencial de desenvolvemento económico e turístico. Niso, Zas ten a chave da torre do tesouro e está nunha carballeira", sinalou Goretti Sanmartín dun evento que bota man da árbore máis galega para se identificar.

Goretti Sanmartín destacou que sentir falar de Carballeira de Zas "evoca festival de verán, a música e artesanía, a natureza e descanso, a diversión e convivio... a un espazo de referencia na música e sinal de identidade que leva o nome de Zas polo mundo".

A edición deste ano presenta como cabezas de cartel ao grupo de folk-metal, Korpiklaani, que compartirá escenario o venres con Gwendal, Pan de Capazo e Os Fillos do Estramonio. Durante a xornada do sábado, celebrarase a sesión vermú, a partir das 14h, e pola noite as persoas asistentes poderán desfrutar da música de Milladoiro, Moxie, Rare Folk y Radios Cos.

As entradas para os dous días contarán con un prezo reducido hasta o día 4 xullo, de tan so 12€. A partir de esta data, o prezo será de 15€. Tamén se venderán entradas so para un dos dous días, venres ou sábado. Estas xa están dispoñibles a través de plataforma de venda Ticketea. O festival contará ademais con: zona de acampada gratuíta (situada a poucos metros do recinto musical), baños e duchas.

Como cada ano, a tarde do sábado a Carballeira de Zas está pensada para o goce de persoas maiores e pequenas, contando con zona de gastronomía, espazo lúdico infantil, feira de artesanía e diferentes actuacións a partir das 14h.