Páxinas
Novas

Novas

Image Slider
A Biblioteca provincial organiza unha xornada de actos para conmemorar o Día das Letras Galegas
Páxinas suxeridas

A Biblioteca provincial organiza unha xornada de actos para conmemorar o Día das Letras Galegas

15 de Maio de 2017

Con Carlos Casares como protagonista, a Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña organiza este 16 de maio unha xornada de actividades para conmemorar o Día das Letras Galegas. Cada persoa que leve materiais en préstamo levará un agasallo nunha xornada con obradoiros, visitas guiadas e lecturas públicas.

A figura e a obra de Carlos Casares será a protagonista das actividades que, con motivo do Día das Letras Galegas, organiza a Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña nunha xornada en que todas as persoas usuarias que leven materiais en préstamos terán un agasallo.

Entre ás 18 e ás 20 horas desenvolverase un obradoiro aberto arredor de Carlos Casares en que se creará un teatriño con personaxes da súa obra e ás 18.30 horas farase unha lectura pública do conto "Vento Ferido" do autor ao que se dedica o Día das Letras Galegas. Unha mostra bibliográfica e unha guía de lectura dedicada a Casares e a artista Maruxa Mallo, protagonista do Día das Letras e Artes Galegas, estará aberta no vestíbulo da Biblioteca.

A biblioteca sairá á rúa Rego de Agua cunha solta de libros ao longo dunha xornada en que ás 18.30 se entregarán os premios do VI Concurso #140enpositivo na Sala César Antonio Molina. Nun día de apertura, ás 12:00 horas haberá unha visita guiada aos fondos da Biblioteca.