Páxinas
Novas

Novas

Image Slider
O encontro, que estará aberto ao público xeral, celebrarase o vindeiro xoves 4 de maio no Museo das Peregrinacións de Santiago de Compostela

A Deputación organiza un debate sobre o “Brexit” e outros retos da Unión Europea

01 de Maio de 2017

O centro oficial de información da Comisión Europea, Europe Direct A Coruña, dependente da Deputación provincial, organiza un debate sobre as oportunidades e ameazas da Unión Europea.

O encontro celebrarase o vindeiro xoves 4 de maio no Museo das Peregrinacións de Santiago de Compostela, entre as 18 e as 20.00 horas, e estará aberto ao público xeral.

Julio Sequeiros, membro da Rede Team Europe, será o encargado de moderar o debate, que contará con intervencións da europarlamentaria Lidia Senra; José Luis Mascareñas, catedrático e investigador na Universidade de Santiago de Compostela; Mariana Neto, responsable de calidade de Sword Health, e Tamires Ferreira do Nascimento, coordinadora local da Asociación Erasmus Student Network Coruña.

No encontro, trataranse temas de actualidade coma o Brexit, o euroescepticismo, os populismos ou a inmigración. Así mesmo, incitarase á reflexión sobre o futuro de Europa e as distintas oportunidades que se ofrecen para traballar, estudar e vivir nos 28 países da UE.