Páxinas
Novas

Novas

Image Slider
A Deputación da Coruña inicia un circuíto co proxecto audiovisual “Vida”
Páxinas suxeridas
  • Cultura
    Información sobre premios, rede cultural, bolsas, publicacións, etc.
  • Rede Cultural da Deputación da Coruña
    Programas de música e teatro para grupos non profesionais, de música clásica para intérpretes profesionais e de teatro e marionetas para compañías profesionais.
  • Premios
    Convocatorias de premios e concursos de Cultura
  • Charlas para as familias
  • Salas Municipais
    Relación de salas dos concellos destinadas a actuacións e concertos
  • I Premio “Begoña Caamaño”
    En memoria da xornalista, escritora, activista cultural e feminista galega Begoña Caamaño, e coa finalidade de recoñecer as persoas e iniciativas culturais e artísticas que promoven socialmente a igualdade de xénero desde o campo da cultura, a Deputación da Coruña convoca o Premio Begoña Caamaño á Mellor Iniciativa Cultural pola de Igualdade de Xénero
  • Fotografía turística "93 destinos por descubrir"
Unha obra de ficción e un documental para sensibilizar ao público arredor dos persoas con diversidade funcional compoñen o proxecto Vida, dirixido por Rubén Riós, que chegará aos concellos de Ribeira, Vedra, Padrón, Boqueixón e Sada. En cada unha das prox

A Deputación da Coruña inicia un circuíto co proxecto audiovisual “Vida”

17 de Abril de 2017

A obra de ficción Vida e o documental Máis ca Vida compoñen un pioneiro proxecto audiovisual impulsado polo actor e director Rubén Riós e a súa produtora Claqueta Coqueta que a Deputación da Coruña difundirá en cinco concellos co fin de contribuír á sensibilización coas persoas con diversidade funcional e promover a súa integración social.

"Este formato singular, que nos achega desde a ficción e a realidade á vida de persoas das que, moitas veces, se descoñecen as súas verdadeiras capacidades, que son moitas e ás veces non se fan visíbeis, é un exemplo das posibilidades da cultura á hora de colaborar con proxectos de carácter social e sumar forzas para construír unha sociedade mellor", sinalou a vicepresidenta e responsábel da área de Cultura da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín na presentación en que participou xunto co actor e tamén director e produtor do proxecto, Rubén Riós.

O concello de Ribeira o vindeiro 21 de abril iniciará o circuíto promovido pola área de Cultura coa colaboración da de Servizos Sociais da Deputación da Coruña polo que os dous filmes poderán verse tamén en Vedra, Padrón, Boqueixón e Sada. En cada unha das proxeccións intervirán o director, Rubén Riós e parte do equipo artístico, en especial, as protagonistas con diversidade funcional. "Consideramos de grande interese que este filme chegue ao público e queremos, con este apoio, conseguir eliminar parte das barreiras que tamén existen para que obras como estas podan ser distribuídas e cheguen á maior xente posible", explicou Goretti Sanmartín.

A vicepresidenta da Deputación deu os seus parabéns ao director Rubén Riós e recoñeceu a capacidade de "dar testemuño dunha realidade nun proxecto único que hai que potenciar e divulgar porque iniciativas coma esta non poden ficar na gabeta", dixo, dun proxecto que "mostra os soños, os desexos, as interrogantes e unha realidade da que é preciso ser consciente".

Pola súa parte, Rubén Riós explicou que o traballo na elaboración do proxecto se prolongou ao longo de dous intensos anos de traballo coas persoas protagonistas. "Agora podemos utilizar as súas ganas e a ilusión para visibilizalo e facer partícipe ao público", dixo, despois de explicar o proceso que se iniciou nun traballo previo coas técnicas de formación actoral coas persoas que serían logo as protagonistas e que abrirían tantos camiños como para mudar o proxecto inicial para dar lugar ao documental e á curta. "Detrás do resultado final hai un traballo previo e agora agradecemos esta posibilidade de difundilo", sinalou Rubén Riós.

A obra de ficción Vida proxéctase conxuntamente co documental Máis ca vida para sensibilizar e facer reflexionar, desde distintas perspectivas, sobre o colectivo de persoas con capacidades especiais. O proxecto ten como actor e actriz protagonistas a Óscar Rodríguez e Mónica Ferreiro que se poñen por vez primeira fronte unha cámara e conta cun reparto artístico con nomes xa coñecidos como os de Javier Gutiérrez, Cristina Castaño, Mariana Carballal, Estibaliz Veiga, María Mera ou Luís Iglesia. "Vida" está dirixida por Rubén Riós e ten como guionistas a Estíbaliz Veiga e Jacobo Paz.

O traballo en equipo é un dos elementos chaves deste proxecto que é resultado dun ano de ensaios do director Rubén Riós cun colectivo de persoas con capacidades diferentes ao que pertencen as persoas protagonistas. Pola súa parte o documental Máis ca vida, igualmente por Rubén Riós que tamén é guionista e produtor recolle os ensaios realizados de cara á rodaxe do filme a través dos que se mostran os sentimentos das persoas implicadas. O documental é así, segundo a produtora "unha ferramenta idónea para contribuír a plasmar en papel todos os elementos necesarios para a creación de tramas do guión de Vida, unha obra, de ficción, creada por e para eles, artífices e construtores activos do seu día a día".

O obxectivo fundamental é concienciar a través do audiovisual sobre o respecto e a igualdade de oportunidades ademais de promover entre o público o coñecemento mediante testemuños reais desta realidade de cara a eliminar barreiras e contribuír á inclusión social. O proxecto busca tamén fortalecer, recoñecer e valorar o traballo que realizan desde asociacións e fundacións que traballan polo benestar de persoas con distintas capacidades.

As obras dirixidas por Rubén Riós conseguiron xa premios en distintos festivais como o Primavera do cine de Vigo ou o Antonio Cerrillo aos valores humanos, o da semana ado cine de Sonseca en Toledo

 

Axenda das proxeccións

Ribeira         21 de abril        21.30 horas

Vedra          22 de abril        20.30 horas

Padrón        5 de maio         21.00 horas

Boqueixón 14 de maio        18.30 horas

Sada           21 de maio       21.00 horas