Páxinas
Novas

Novas

Image Slider
Unha das actividades do programa "Coa lingua fora"
Páxinas suxeridas
  • Cultura
    Información sobre premios, rede cultural, bolsas, publicacións, etc.
  • Rede Cultural da Deputación da Coruña
    Programas de música e teatro para grupos non profesionais, de música clásica para intérpretes profesionais e de teatro e marionetas para compañías profesionais.
  • Premios
    Convocatorias de premios e concursos de Cultura
  • Charlas para as familias
  • Salas Municipais
    Relación de salas dos concellos destinadas a actuacións e concertos
  • I Premio “Begoña Caamaño”
    En memoria da xornalista, escritora, activista cultural e feminista galega Begoña Caamaño, e coa finalidade de recoñecer as persoas e iniciativas culturais e artísticas que promoven socialmente a igualdade de xénero desde o campo da cultura, a Deputación da Coruña convoca o Premio Begoña Caamaño á Mellor Iniciativa Cultural pola de Igualdade de Xénero
  • Fotografía turística "93 destinos por descubrir"

A Deputación da Coruña aumenta o seu apoio á literatura infantil e xuvenil

01 de Abril de 2017

A Área de Cultura da Deputación da Coruña aumenta neste ano o seu apoio á literatura infantil e xuvenil e, ademais da convocatoria do premio Raíña Lupa, inclúe no premio Castelao de Banda Deseñada unha nova modalidade para público infantil que incorporará un programa de actividades organizadas por Gálix.

Coincidindo co Día Internacional da Literatura Infantil e Xuvenil que se conmemora o 2 de abril, a Área de Cultura da Deputación da Coruña anuncia a colaboración coa Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (GÁLIX) para a organización dun programa de actividades arredor da nova modalidade do premio Castelao de Banda Deseñada para público infantil que se convoca este ano por vez primeira.

Por proposta de GÁLIX, que parabenizou a decisión da Deputación de promover a publicación de banda deseñada para o novo público lector, organizaranse distintas actividades encamiñadas a promover e difundir un xénero con escasa presenza na literatura galega. Profesionais do sector animarán a convocatoria do premio e tamén a súa posterior publicación, co obxectivo de gañar novos lectores para a banda deseñada en idades máis novas. A iniciativa de Gálix responde á necesidade de "dar visibilidade a esta tipoloxía de cómic, tan necesaria dentro da produción galega e que levamos anos botando de menos", segundo indican na súa proposta.

O Premio "Castelao" de Banda Deseñada chega á súa XII edición incorporando por vez primeira unha nova modalidade especialmente dirixida á infancia. O premio, ao igual que a modalidade para todo tipo de público lector, está dotado con 6.500 € e o prazo para presentación das obras estará aberto até o vindeiro 15 de xuño.

Esta nova convocatoria para lectores e lectoras de menor idade súmase ao Premio Raíña Lupa de Literatura Infantil e Xuvenil que chega neste ano á súa XI edición. Dotado tamén con 6.500 €, o prazo de presentación de traballos está aberto até o día 1 de xuño.