Páxinas
Novas

Novas

Image Slider
Goretti Sanmartín defende o diálogo da administración co mundo do teatro na presentación dos XXI Premios María Casares
Páxinas suxeridas
  • Cultura
    Información sobre premios, rede cultural, bolsas, publicacións, etc.
  • Rede Cultural da Deputación da Coruña
    Programas de música e teatro para grupos non profesionais, de música clásica para intérpretes profesionais e de teatro e marionetas para compañías profesionais.
  • Premios
    Convocatorias de premios e concursos de Cultura
  • Charlas para as familias
  • Salas Municipais
    Relación de salas dos concellos destinadas a actuacións e concertos
  • I Premio “Begoña Caamaño”
    En memoria da xornalista, escritora, activista cultural e feminista galega Begoña Caamaño, e coa finalidade de recoñecer as persoas e iniciativas culturais e artísticas que promoven socialmente a igualdade de xénero desde o campo da cultura, a Deputación da Coruña convoca o Premio Begoña Caamaño á Mellor Iniciativa Cultural pola de Igualdade de Xénero
  • Fotografía turística "93 destinos por descubrir"

Goretti Sanmartín defende o diálogo da administración co mundo do teatro na presentación dos XXI Premios María Casares

28 de Marzo de 2017

A gala de entrega dos Premios María Casares, que terá lugar este mércores día 29 de marzo, xirará arredor da relación entre o teatro e a administración e, neste sentido, a vicepresidenta e responsábel da área de Cultura da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín Rei, defendeu no acto de presentación un "diálogo fluído e un encontro continuado".

"É imposíbel pensar nunha administración cultural sen a existencia do teatro", sinalou a vicepresidenta e responsábel da área de Cultura da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín no acto de presentación dos XXI Premios María Casares da Asociación de Actores e Actrices de Galicia. O concelleiro de Culturas da Coruña, José Manuel Sande, o director de Agadic, Jacobo Sutil, administracións colaboradoras, ademais da actriz Mabel Ribera, vicepresidenta da Asociación de Actores e Actrices de Galicia e o actor Pepo Suevos, que se encargará de presentar a gala, participaron na presentación do acto de entrega de premios que terá lugar mañá mércores día 29 de marzo no Teatro Rosalía de Castro da Coruña.

Goretti Sanmartín parabenizou os proxectos e as persoas nominadas, "un premio en si mesmo", dixo, e destacou o "altísimo nivel" do teatro galego. Defendeu, na súa intervención, un diálogo fluído e necesario da administración coas entidades representantes dos distintos ámbitos do sector teatral á hora de definir as políticas públicas ao respecto.

Reforzar a Rede e representar o Rafael Dieste

"Desta maneira, optamos desde o pasado ano por reforzar a Rede Cultural, unha ferramenta ao noso ver, de especial relevancia para as compañías e aquilatamos os criterios despois de encontros coas entidades representativas do sector", dixo Goretti Sanmartín que sinalou a vontade de afondar nese encontro para continuar mellorando as distintas accións de goberno da Deputación co fin de que eses cambios revertan na profesión.

Foi ese mesmo diálogo, dixo, o que levou a que a nova edición do premio Rafael Dieste, que quere promover a escrita teatral contemporánea, contemple a representación da peza gañadora como parte do premio do certame.