Páxinas
Novas

Novas

Image Slider
A Deputación da Coruña anima a investigación coa convocatoria de vinte bolsas
Páxinas suxeridas
  • Cultura
    Información sobre premios, rede cultural, bolsas, publicacións, etc.
  • Charlas para as familias
  • Salas Municipais
    Relación de salas dos concellos destinadas a actuacións e concertos
  • I Premio “Begoña Caamaño”
    En memoria da xornalista, escritora, activista cultural e feminista galega Begoña Caamaño, e coa finalidade de recoñecer as persoas e iniciativas culturais e artísticas que promoven socialmente a igualdade de xénero desde o campo da cultura, a Deputación da Coruña convoca o Premio Begoña Caamaño á Mellor Iniciativa Cultural pola de Igualdade de Xénero
  • Bolsas e axudas
    Anuncios de bolsas e axudas para estudos de danza
  • Bolsas
    Bolsas de investigación, estudos artísticos, deportistas, danza, etc.
  • Deportes
    Información relacionada coa promoción do deporte na provincia

A Deputación da Coruña anima a investigación coa convocatoria de vinte bolsas

27 de Marzo de 2017

Ciencias sociais e xurídicas, ciencias da saúde, ciencias, enxeñaría e arquitectura, artes e humanidades, estudos de xénero e planificación sociolingüística da lingua galega son as distintas áreas das vinte bolsas que convoca a área de Cultura da Deputación da Coruña.

A área de Cultura da Deputación da Coruña convoca vinte bolsas, de 8.000 € cada unha, con fin de incentivar a investigación en distintas áreas tanto de ciencias sociais como experimentais ou lingüísticas. En total, catro serán os proxectos de ciencias e outros tantos de ciencias da saúde que terán apoio para o seu desenvolvemento, 3 de ciencias sociais e xurídicas, 3 de humanidades e 2 das outras tres áreas contempladas na convocatoria, xénero, planificación sociolingüística da lingua galega e enxeñaría e arquitectura.

"Queremos apoiar persoas que queren desenvolver proxectos de investigación nos diferentes ámbitos mais que atopan con serias dificultades de financiamento. Coas bolsas buscamos promover proxectos anovadores e acompañar os primeiros tramos de novas traxectorias de investigación", sinala Goretti Sanmartín, vicepresidenta e responsábel da área de Cultura e Normalización Lingüística da Deputación da Coruña dunhas axudas ás que poden concorrer persoas que non están en activo no mundo laboral.

O mapa de bolsas continúa o iniciado na convocatoria do ano anterior, incluíndo as dúas novas áreas que se incorporaran de estudos de xénero e planificación sociolingüística da lingua galega. Na anterior edición apoiouse o desenvolvemento de proxectos como "Modelización e simulación isoxeométrica do cancro de próstata", "Identificación de biomarcadores psicofisiolóxicos de deterioro cognitivo leve", "A radio. Unha ferramenta óptima para o avellentamento activo e o fomento da interxeracionalidade", "Estudo de viabilidade ambiental e sanitaria dun novo sistema de abastecemento de auga en medio rural", "O discurso da Responsabilidade Social Corporativa na empresa textil", "A traxectoria intelectual de Xosé Rubia Barcia", "50 anos de emigración feminina a Suíza na provincia da Coruña: o caso da Terra de Soneira", "Ausencia de alternativas ao discurso pro-maternal" ou "Música falada. Análise e propostas sobre os usos lingüísticos nas actuacións musicais nas festas populares na provincia da Coruña".

As persoas solicitantes terán que ser residentes nos distintos concellos da provincia da Coruña e os traballos de investigación a desenvolver deberán estar vinculados a un centro ou organismo público de investigación. Para optar a unha das axudas é preciso non ser xa titular nin ter concesión de ningunha outra bolsa, nin realizar actividades produtivas retribuídas que impliquen contrato. O prazo da solicitude remata o día 27 de abril ás 14:00 horas.

A tramitación das bolsas farase de xeito telemático a través da plataforma SUBTEL na páxina web da Deputación da Coruña: www.dacoruna.gal