Páxinas
Novas

Novas

Image Slider
O centro Europe Direct da Deputación da Coruña edita unha guía de recursos para a xuventude
“Propostas europeas para unha xuventude con futuro”, elaborada en colaboración con outras trece oficinas de información europea, aborda temas como emprego, voluntariado, mobilidade, dereitos da cidadanía ou o programa Erasmus +

O centro Europe Direct da Deputación da Coruña edita unha guía de recursos para a xuventude

19 de Marzo de 2017

Europe Direct A Coruña, o centro de información da Comisión Europea pertencente á Deputación da Coruña, vén de publicar unha guía que recolle as principais oportunidades, medidas e recursos destinados aos mozos europeos, elaborada en colaboración con outras doce oficinas da rede Europe Direct España (Albacete, Asturias, Biscaia, Ourense, Cantabria, Córdoba, Huelva, Lleida, Murcia, Salamanca, Segovia e Valencia).

Baixo o título "Propostas europeas para unha xuventude con futuro", o boletín pretende achegar á mocidade as 10 prioridades orientadas ao emprego e ao crecemento económico marcadas pola Comisión Juncker.

O resultado materialízase nun documento de consulta interactivo, que xa se pode descargar en formato electrónico na web www.dacoruna.gal/europedirect , e que inclúe información sobre temas como o emprego, voluntariado, mobilidade, dereitos da cidadanía europea ou o programa Erasmus +. A guía tamén compila as redes específicas nas que se recolle información sobre temas de interese e recursos que poidan ser de utilidade para a xuventude.

Coa elaboración desta guía, a Deputación da Coruña e o seu centro de información Europe Direct queren dar a coñecer a axenda política da Comisión Europea e, en concreto, as oportunidades, medidas e recursos destinados aos mozos e mozas.