Páxinas
Novas

Novas

Image Slider
As asociacións culturais teñen até o día 7 de abril para optar ás axudas da Deputación da Coruña
Páxinas suxeridas
  • Cultura
    Información sobre premios, rede cultural, bolsas, publicacións, etc.
  • Rede Cultural da Deputación da Coruña
    Programas de música e teatro para grupos non profesionais, de música clásica para intérpretes profesionais e de teatro e marionetas para compañías profesionais.
  • Premios
    Convocatorias de premios e concursos de Cultura
  • Salas Municipais
    Relación de salas dos concellos destinadas a actuacións e concertos
  • I Premio “Begoña Caamaño”
    En memoria da xornalista, escritora, activista cultural e feminista galega Begoña Caamaño, e coa finalidade de recoñecer as persoas e iniciativas culturais e artísticas que promoven socialmente a igualdade de xénero desde o campo da cultura, a Deputación da Coruña convoca o Premio Begoña Caamaño á Mellor Iniciativa Cultural pola de Igualdade de Xénero
  • Teléfonos
    Listado de teléfonos de interés da Deputación Provincial
  • Fotografía turística "93 destinos por descubrir"

As asociacións culturais teñen até o día 7 de abril para optar ás axudas da Deputación da Coruña

06 de Marzo de 2017

Actividades, investimentos ou festivais son algúns dos proxectos que serán apoiados desde as seis liñas de axudas da Área de Cultura da Deputación da Coruña que teñen o prazo aberto para presentar propostas até o vindeiro 7 de abril. Co lema "Cultura en cada concello, cultura para cada persoa", a Deputación da Coruña completa a reorganización de apoio ás entidades do sector.

Con seis programas de subvencións, a Área de Cultura da Deputación incide no reparto obxectivo e no apoio á cultura desenvolvida por entidades sen fin de lucro encamiñadas ao apoio a actividades, festivais ou investimentos. Festivais, actividades culturais ou investimentos son algúns dos obxectivos das subvencións.

"Desde a Deputación queremos recoñecer o papel fundamental das entidades á hora de difundir e facer cultura e tamén a súa variedade. É dicir, constatar que as actividades culturais nacen desde entidades do sector mais tamén doutras como as veciñais ou educativas", sinala a responsábel da área Goretti Sanmartín, da nova organización das entidades que inclúen as liñas de subvención.

A liña destinada a actividades das entidades culturais está dotada con 1100.000€ e a de entidades titulares de museos, centros de interpretación ou bibliotecas e a fundacións conta cun orzamento de saída é de 500.000 €. Para corais polifónicas, bandas de música populares, entidades de música e baile tradicional galego e formacións musicais de grande formato ofértanse dúas liñas, unha para actividades e outra para investimento para as que a Deputación da Coruña destina un total de 650.000 €, 450.000 para actividades e 200.000 para investimentos. As entidades sen ánimo de lucro poderán concorrer tamén a unha liña para investimentos dotada con 400.000 € e as que organicen festivais contarán coa axuda doutra partida da mesma cantidade.

Unha das principais novidades desta edición das liñas de axuda é a reorganización das entidades que concorren en catro ámbitos, un de natureza cultural, outro veciñal, outro educativo e outro social e asistencial. En todas as liñas, incídese máis aínda no reparto obxectivo das axudas, cun 70% de criterios cuantificábeis e un 30% de elementos de valoración como iniciativas ou proxectos que serán estimados por un comité de persoas expertas, alleas á Deputación.

"A Área de Cultura fai unha aposta decidida por apoiar a cultura que promoven as asociacións e outras entidades, un eixo fundamental para o noso obxectivo de que a cultura chegue á totalidade da poboación, con especial atención aos concellos pequenos que teñen máis dificultade de programación", sinala a responsábel da área, Goretti Sanmartín