Páxinas
Novas

Novas

Image Slider
A Deputación financia obras de reforma na Casa de Rosalía en Padrón
Páxinas suxeridas
A institución provincial destinará 33.000 euros para reformar e musealizar o sobrado do inmoble e incorporar novas tecnoloxías audiovisuais que lle permitan ao visitante coñecer mellor a historia da poetisa padronesa

A Deputación financia obras de reforma na Casa de Rosalía en Padrón

03 de Marzo de 2017

A vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín, o deputado responsable da área de Promoción Económica, José Luis García, e o presidente da Fundación Rosalía de Castro, Anxo Angueira, participaron esta mañá na sede da institución provincial no acto de sinatura do convenio polo que a Deputación se compromete no apoio á Casa Museo Rosalía de Castro para a remodelación do sobrado do inmoble padronés tanto no nivel museolóxico como museográfico, co fin de dar maior difusión á obra de Rosalía.

O orzamento do proxecto ascende a 41.414,67€, dos que a Deputación achegará 33.131,74€, un 80% do total. A remodelación incluirá a realización de moblaxe expositiva, instalación e montaxe de pezas, a realización de tres pezas audiovisuais e os aparellos para a reprodución.

O obxectivo, segundo explicou Angueira, é continuar as obras de reforma realizadas na planta baixa do inmoble con axudas da institución provincial, musealizar o sobrado, ampliando o espazo expositivo e incorporar novas tecnoloxías audiovisuais como audioguías que permitan ao visitante achegarse máis á personaxe de Rosalía de Castro.