Páxinas
Novas

Novas

Image Slider
O Colexio de Fonseca acolle unha mostra retrospectiva sobre a obra do artista noiés Juan José “Sesé” Fernández Leiceaga
Páxinas suxeridas
  • Cultura
    Información sobre premios, rede cultural, bolsas, publicacións, etc.
  • Rede Cultural da Deputación da Coruña
    Programas de música e teatro para grupos non profesionais, de música clásica para intérpretes profesionais e de teatro e marionetas para compañías profesionais.
  • Premios
    Convocatorias de premios e concursos de Cultura
  • Salas Municipais
    Relación de salas dos concellos destinadas a actuacións e concertos
  • I Premio “Begoña Caamaño”
    En memoria da xornalista, escritora, activista cultural e feminista galega Begoña Caamaño, e coa finalidade de recoñecer as persoas e iniciativas culturais e artísticas que promoven socialmente a igualdade de xénero desde o campo da cultura, a Deputación da Coruña convoca o Premio Begoña Caamaño á Mellor Iniciativa Cultural pola de Igualdade de Xénero
  • Teléfonos
    Listado de teléfonos de interés da Deputación Provincial
  • Fotografía turística "93 destinos por descubrir"
Valentín González Formoso, Juan Viaño e Santiago Freire inauguraron hoxe a exposición, promovida conxuntamente pola Deputación, a Universidade de Santiago e o concello de Noia

O Colexio de Fonseca acolle unha mostra retrospectiva sobre a obra do artista noiés Juan José “Sesé” Fernández Leiceaga

26 de Xaneiro de 2017

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, participou hoxe na inauguración da mostra "Sesé. Sinfonía inacabada" dedicada ao artista noiés Juan José Fernández Leiceaga, que promoven conxuntamente a institución provincial, a Universidade de Santiago e o concello de Noia.

No acto, celebrado no Salón Artesoado do Colexio de Fonseca de Santiago de Compostela, tamén participaron o reitor da Universidade, Juan Viaño; o alcalde de Noia, Santiago Freire; a comisaria da mostra, Mercedes Rozas, e Xoaquín Fernández Leiceaga, irmán do artista.

A exposición permanecerá aberta ao público no Colexio de Fonseca ata finais de febreiro. Posteriormente, unha parte dos fondos tamén se exhibirá no Coliseo Noela, situado en Noia, vila natal do artista.

Primeiro inventario da produción artística de Sesé

Na súa intervención, González Formoso destacou que se trata da primeira vez que se compila a obra completa do pintor noiés prematuramente falecido aos 27 anos de idade, grazas á colaboración institucional da Deputación, a USC e o Concello de Noia, que realizan a exposición e o seu correspondente catálogo, que percorre en 103 páxinas a traxectoria vital e artística de Sesé.

Neste sentido, o presidente da Deputación definiu a mostra como a "mellor continuación da sinfonía inacabada de Sesé, inspirando ás novas xeracións e transmitindo a súa paixón pola arte". Así mesmo, o presidente provincial enxalzou o valor cultural e artístico da mostra, que ofrece "un percorrido polas distintas correntes artísticas, evocando a grandes mestres coma Picasso, Matisse ou Van Gogh".

Doutra banda, González Formoso quixo resaltar a colaboración con outras institucións que mantén a Deputación da Coruña para "poñer en valor a nosa cultura e achegar a arte á cidadanía", como a recente cesión do cadro "O Discurso" de Isaac Díaz Pardo ao Museo de Belas Artes.

"Espero que a figura de Sesé, un rapaz de Noia que tivo que marchar a Valencia para poder recibir formación artística, non só redunde no patrimonio cultural da nosa provincia, senón que tamén sirva de exemplo para todos os futuros artistas que hoxe teñen á súa disposición moitos máis medios e recursos para desenvolver a súa carreira artística con éxito" afirmou o presidente provincial, e lembrou que a Deputación da Coruña "ten unha longa tradición de mecenado" e leva a cabo accións "como bolsas, concursos e residencias artísticas" para impulsar os artistas da provincia.

Pola súa banda, o reitor da USC, Juan Viaño, apuntou que, a pesar da curta traxectoria vital do artista, "a súa obra é ampla e reflicte unha evolución creativa e estilística sumamente suxestiva e cargada de emoción". Tomando como referencia as verbas do mentor e amigo do pintor, o tamén artista noiés Alfonso Costa, Viaño afirmou que Sesé "posuía, ademais do talento innato do xenio, a capacidade de estrañeza e asombro, así como a valentía insubornable de enfrontar os seus medos e as súas dúbidas coa contundencia da súa arte".