Páxinas
Novas

Novas

A Deputación da Coruña presenta unha antoloxía de Pondal que visita 14 concellos a través da poesía
16 de Xuño de 2017

Ao pé do busto a Eduardo Pondal situado nos xardíns de Méndez Núñez da Coruña, a vicepresidenta da Deputación, Goretti Sanmartín e alcaldes e representantes institucionais dos concellos visitados pola obra de Eduardo Pondal participaron na presentación do libro "Esta é a terra dos eidos amigos. Escolma xeográfica da poesía pondaliana", elaborado polo investigador Manuel Ferreiro e editado pola Deputación da Coruña. No acto participou tamén o…

Goretti Sanmartín destaca a Carballeira de Zas como un festival xenuíno fronte “á reforestación rápida”
13 de Xuño de 2017

A carballeira como monumentos naturais e paisaxísticos que nos identifica como país foi a metáfora que a vicepresidenta e responsábel da área de Cultura da Deputación empregou na presentación da 34 edición da Carballeira de Zas que se desenvolverá os días 4 e 5 de agosto.

Bolsas para estudos artísticos 2017: Datas das probas
08 de Xuño de 2017
Datas para a realización de probas:
A Deputación da Coruña fai realidade o museo da casa de Rafael Dieste na vila literaria de Rianxo
06 de Xuño de 2017

A Deputación da Coruña aposta por apoiar o proxecto do concello de Rianxo como vila literaria de referencia coa adecuación para museo da casa de Rafael Dieste, na rúa de Abaixo en que se atopan as casas de Manuel Antonio e Castelao. A vicepresidenta e responsábel da área de Cultura da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartin Rei, e o alcalde de Rianxo, Adolfo Muíños, asinaron hoxe o convenio de colaboración que dará inicio ás obras de reconstrución do…

A Deputación da Coruña anima a participar no “Quero  cantar”
02 de Xuño de 2017

O único concurso de música infantil e xuvenil feita por rapazas e rapaces chega nesta segunda edición aos institutos. O prazo remata o día 20 de xuño.