galego | castellano
: Normalización Lingüística

O galego, a miña lingua propia

'O galego, a miña lingua propia'

Temos unha lingua que é moi rica e é nosa. Nela pódese facer ciencia, arte, cantar, debuxar e amar. O galego é a nosa lingua propia, un idioma en que se pode facer banda deseñada, rapear, ligar ou viaxar polo mundo enteiro. O galego é a nosa lingua propia e queremos gabarnos dela, porque si, porque nos peta. E temos exemplos abondo nos que nos reflectir!!!!

Potenciar o uso asiduo do galego en todos os ámbitos da vida e afortalar a identidade lingüística da poboación moza, estes son dous dos obxectivos trabe da nova campaña de dinamización lingüística lanzada pola Deputación da Coruña, e que durante os vindeiros meses percorrerá os centros de ensino secundario de 43 concellos da provincia.

A presente campaña diríxese á xente nova á que quere ofrecerlle referentes atraentes para ela, por mor da súa actividade pública e que, ademais, sexan ou poidan constituírse tamén en referentes en canto ao uso da lingua e ás actitudes de compromiso cara a ela. Un proxecto ambicioso e ilusionante e que lle trasladará á mocidade o
positivo de empregar o galego, en todos os ámbitos da vida como o fan nos seus respectivos as xentes que forman parte do proxecto en primeira persoa, mais abre a participación a todo o persoal técnico, profesorado, e alumnado que participará de xeito activo, aprendendo e gozando con profesionais de ámbitos tan variados como a música, a literatura, as artes plásticas, o audiovisual, a comunicación, o mundo da moda ou a sanidade, todas elas co galego como lingua propia

As persoas encargadas das actividades son profesionais destacadas, interesantes polos seus respectivos ámbitos e cun recoñecido compromiso coa lingua e levarán un total de 91 actividades ós centros de educación secundaria dos seguintes concellos da provincia da Coruña : A Baña, A Coruña, A Pobra do Caramiñal, Abegondo, Ames, Arteixo, Arzúa, Betanzos, Boiro, Cambre, Carballo, Carnota, Carral, Cedeira, Cee, Culleredo, Dumbría, Ferrol, Fisterra, Melide, Miño, Muros, Narón, Oleiros, Oroso, Outes, Ponteceso, Pontedeume, Porto do Son,
Rianxo, Ribeira, Rois, Sada, Santa Comba, Santiago de Compostela, Teo, Vimianzo, Cerceda, Ordes, Frades, Trazo, Tordoia e Mesía.

'O galego, a miña lingua propia' pon en valor que temos un idioma propio, para convencer á mocidade de que o incorpore á súa vida cotiá; tamén busca reafirmar o uso da lingua en mozos e mozas que a usan só nalgúns contextos, crear demanda de falantes de galego, promover a sensibilización idiomática e en definitiva fomentar unha actitude positiva dos e das adolescentes fronte á lingua, gozando con ela de todas as actividades propostas.

 

 

VENRES 18 MAIO I AMES

13h40 María Yáñez I Mapeando o galego nas redes

Lugar: IES Milladoiro

LUNS 21 MAIO I RIBEIRA

10h50 Davide Salvado I Música tradicional desde e para a contemporaneidade

Lugar: IES Leliadoura

XOVES 24 MAIO I BETANZOS

13h25 Monoulious Dop I Música, diversión e participación

Lugar: IES Francisco Aguiar

VENRES 25 MAIO I BETANZOS

13h25 Monoulious Dop I Música, diversión e participación

Lugar: IES As Mariñas

VENRES 25 MAIO I A CORUÑA

11h45 Leandro Lamas I Un debuxo paso a paso

Lugar: IES Calvo Sotelo

LUNS 28 MAIO I NARÓN

10h30 García MC I Obradoiro de Hip Hop e Rimas

12h30 García MC I Obradoiro de Hip Hop e Rimas

Lugar: IES As Telleiras

LUNS 4 XUÑO I FISTERRA

11h30 MJ Pérez I Música e audiovisual

Lugar: IES Fin do Camiño

LUNS 4 XUÑO I CARRAL

10h30 Leandro Lamas I Un debuxo paso a paso

12h30 Leandro Lamas I Un debuxo paso a paso

Lugar: IES Carral

MARTES 5 XUÑO I A CORUÑA

11h40 ALDAOLADO I AL porque si

Lugar: IES Rafael Puga Ramón

VENRES 8 XUÑO I ROIS

11h00 Davide Salvado I Música Tradicional desde e para a contemporaneidade

Lugar: CPI Os Dices

MÉRCORES 13 XUÑO I A CORUÑA

12h30 Aldaolado I AL porque si

Lugar: IES AGRA I

MÉRCORES 20 XUÑO I RIANXO

11h20 MJ Pérez I Música e audiovisual

12h30 MJ Pérez I Música e audiovisual

Lugar: IES Félix Muriel

MÉRCORES 20 XUÑO I AMES

09h40 Laura Romero I Presentación do proxecto 'As mulleres na música galega'

Lugar: IES Bertamiráns

MÉRCORES 20 XUÑO I ABEGONDO

13h00 García MC I Obradoiro de Hip Hop e Rimas

16h30 García MC I Obradoiro de Hip Hop e Rimas

Lugar: IES Viós

XOVES 21 XUÑO I ARZÚA

10h50 Xurxo Souto I Somos un pobo de artistas!

Lugar: IES de Arzúa