galego | castellano
: Normalización Lingüística

 UNIDADE TÉCNICA DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA

 

A Unidade Técnica de Normalización Lingüística ten como principal obxectivo incrementar o uso e o prestixio da nosa lingua en todos os ámbitos da Deputación provincial, e por ende, dos concellos da provincia.

A deputación quere demostrar o seu compromiso co idioma propio prestando especial atención ao proceso de normalización dentro da propia administración, coa galeguización dos seus servizos, pero tamén implicando progresivamente á sociedade en xeral (mocidade, movemento asociativo e empresarial...).

Estamos ao seu dispor para calquera cuestión que se lle poida presentar.

CONTACTO

Alférez Provisional, nº 2

15006 A Coruña

Teléfono directo 981 080 358 ext.: 4320, 4321, 4322

Enderezo electrónico: normalizacion.linguistica@dicoruna.es

 

 

Goretti Sanmartín anima no Correlingua en Santiago de Compostela a “vivir en galego con normalidade e eliminar os prexuizos”
08 de Maio de 2017

Máis de dous mil rapazas e rapaces participaron no Correlingua que esta mañá se desenvolveu polas rúas de Santiago de Compostela con remate na Praza da Quintana. No acto final, a vicepresidenta e responsábel das áreas de Cultura e Normalización Lingüística da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín, animou a vivir en galego e eliminar os prexuízos que aínda existen no uso da nosa lingua.

Goretti Sanmartín convida no Correlingua a “sumar forzas” para vivir en galego con normalidade”
05 de Maio de 2017

"En galego, sen cancelas", é o lema do Correlingua que esta mañá congregou na Coruña a máis de dous milleiros de rapazas e rapaces. A vicepresidenta e responsábel das áreas de Cultura e Normalización Lingüística da Deputación defendeu na súa intervención a necesidade de "xuntar forzas" para conseguir vivir "en galego con normalidade".

O programa “Coa lingua fóra” da Deputación da Coruña  chega ao seu fin en Santiago despois de visitar máis de corenta concellos
26 de Abril de 2017

Máis de 5.000 persoas participaron no programa "Coa lingua fóra" da área de Normalización Lingüística da Deputación da Coruña que o sábado chega ao seu fin en Santiago de Compostela despois de visitar máis de corenta concellos.

A Deputación da Coruña acolle a presentación do Correlingua 2017
18 de Abril de 2017

Catro meses despois de recibiren o Premio Rosalía de Castro da Deputación da Coruña, un novo Correlingua presentouse na sede da institución. A carreira pola lingua iniciarase o vindeiro 2 de maio en Monforte de Lemos e rematará o 16 na Estrada.

A Deputación da Coruña destina case medio millón de euros aos servizos de normalización lingüística dos concellos
10 de Abril de 2017

A área de Normalización Lingüística da Deputación da Coruña destina un total de 456.000,00 € ao financiamento dos servizos de normalización lingüística dos concellos. En total, 49 concellos e unha mancomunidade son os beneficiarios da liña da Deputación pola que este ano se crean 8 novos servizos municipais.