Inicio

Novas

A institución provincial repartirá preto de 150.000 euros en premios entre os clubs participantes
Cincuenta e catro equipos da provincia disputarán a XXVII edición da Copa de Fútbol Deputación da Coruña
22/07/2015

Un total de 54 equipos da provincia da Coruña que militan nas categorías de 2ª División B, Terceira División, Primeira Autonómica e Preferente Autonómica disputarán este ano a XXVII edición da Copa de Fútbol “Deputación da Coruña”.

O campionato foi presentado esta mañá, na sede da institución provincial, polo deputado José García Liñares e o directivo da Federación Galega de Fútbol, Pablo Prieto, nun acto no que se sorteou tamén os emparellamentos da competición, que dará comezo esta fin de semana.  

García Liñares destacou que a Deputación destinará a este evento deportivo un total de 163.867 euros, dos que 148.950 € irán destinados a premios aos clubs participantes e 14.917 € a gastos de organización e arbitraxe, co obxectivo de que “os clubs pequenos poidan dispor de recursos”, apuntou. 

Así mesmo, subliñou a longa traxectoria de colaboración entre a institución provincial e a Federación Galega de Fútbol para a organización deste campionato, que este ano chega á súa vixésimo sétima edición consecutiva, e apuntou que a organización deste ano “é froito do traballo do anterior goberno provincial”.

Pola súa banda, Pablo Prieto agradeceu o “compromiso da Deputación da Coruña” para manter este evento deportivo ao longo de tantos anos e cualificouno de “moi importante para os clubs, non só dende o punto de vista económico, senón tamén deportivo”.  

Os equipos  participantes son os seguintes:

Segunda División B (3 equipos):  Racing Club de Ferrol S.A. Deportiva; Sociedade Deportiva Compostela e Club Unión Deportiva Somozas 

Terceira División (9 equipos): Club Deportivo Boiro; Club Laracha C.F.;Bergantiños F.C.;Bertamiráns Fútbol Club; R.C. Deportivo “B” Sada; Sociedad Deportiva Club Ordenes; Centro Cultural y Deportivo Cerceda; Club Deportivo  As Pontes e Club Silva S.D. 

Preferente Autonómica ( 12 equipos): Sociedad Deportiva Dubra; Betanzos Club de Fútbol; Xallas F.C.; Sociedad Deportiva Negreira; Sociedad Deportiva O Val de Narón; Sociedad Deportiva y Cultural Galicia de Mugardos; Club Futbol Noia; Club de Fútbol Dumbría; Casino Sociedade Deportiva Arzúa; Sporting Sada Sociedad Deportiva; Club Atlético de Riveira e Club Atlético Arteixo.

Primeira Autonómica  (30 equipos): Marino de Mera C.F.; Asociación Deportiva Club do Mar de Caión; Sociedad Deportiva Cultural Maniños;Orillamar S.D.; Club Unión Deportiva  Paiosaco Hierros Añón; Club San Tirso S.D.; Unión Deportiva Carral; Victoria Club de Fútbol; Imperator Obra Atlético Recreativa; Club Deportivo Ciudad; Sporting Ciudad Asociación Cultural y Deportiva; Club de Fútbol Boimorto; Cedeira Sociedad Deportiva; Sociedad Deportiva Eumesa; Meirás Club de Fútbol; Club de Fútbol Rápido de Neda; Club Olímpico de Rutis; Lesende C.F.; Sociedad Cultural Recreativa y Deportiva Esteirana; Puebla Club de Fútbol; Sociedad Deportiva Flavia; Sociedade Deportiva Soneira Club De Fútbol; Club Deportivo Baio; Club Deportivo  Unión; Corme Club de Fútbol; Malpica Sociedad Cultural Deportiva; Amio Sociedade Deportiva; Clube Sociedade Deportiva Villestro; Sigüeiro F.C. e Sociedad Deportiva Sofán. 

Os premios serán os seguintes:

Cantidade fixa por participar:

1.850 € a cada un dos 3 equipos de 2ª División B.

1.300 € a cada un dos 9 equipos de Terceira División.

750 € a cada un dos 13 equipos de Preferente Autonómica.

450 €  a cada un dos 31 equipos de Primeira Autonómica.

Eliminatoria previa:

750 € a cada un dos 4 equipos gañadores que se clasifiquen para a Primera eliminatoria.

375 € a cada un dos 4 equipos perdedores.

Primera eliminatoria:

750 € a cada un dos 20 equipos gañadores que se clasifiquen para Dezaseisavos

375 € a cada un dos 20 equipos perdedores.

Dezaseisavos:

1.100 € a cada un dos 16 equipos gañadores que se clasifiquen para Oitavos de final.

600 € a cada un dos 16 equipos perdedores.

Oitavos de final:

1.500 € a cada un dos 8 equipos gañadores que se clasifiquen para Cuartos de final.

900 € a cada un dos 8 equipos perdedores.

Cuartos de final:

2.000 € a cada un dos 4 equipos gañadores que se clasifiquen para as Semifinais.

1.500 € a cada un dos 4 equipos que resulten perdedores.

Semifinais:

 2.400 € a cada un dos 2 equipos gañadores que se clasifiquen para a Final.     

 1.900 € a cada un dos 2 equipos que resulten perdedores

 Final:

8.000 € ao equipo que resulte campeón.

4.000 € ao equipo que resulte subcampeón.

 Emparellamentos e calendario da competición

No acto de hoxe celebrouse tamén o sorteo dos emparellamentos da competición, que queda conforme ao seguinte calendario:

 ELIMINATORIA PREVIA (26 de xullo)

 Primeira Santiago de Compostela: Clube S.D. Villestro – Lesende C.F.

 Primeira Costa: Corme C.F  - S.C.D. Esteirana

 PRIMEIRA ELIMINATORIA (29 de Xullo)

 Ferrol: Meirás, C.F. – S.D.C. Galicia Mugardos   (A 1)

Ferrol: Cultural Maniños – S.D. O Val (A 2)

Ferrol: Rápido de Neda – Cedeira S.D. (A 3)

Ferrol / Coruña: Club del Mar Caión – Eume Deportivo (A 4)

Santiago: Amio C.F. – Dubra S.D. (A 5)

Santiago: Ganador Previa Santiago – S.D. Negreira (A 6)

Santiago: Puebla F.C. – C.F. Noia (A 7)

Santiago: C.D. Unión – C.S.D. Arzúa (A 8)

Santiago: Sigueiro C.F. – Atlético Riveira (A 9)

Santiago /Costa: Flavia S.D. – Soneira S.D. (A 10)

Coruña: Victoria C.F. – Betanzos C.F. (A 11)

Coruña: Marino C.F. – Sporting Sada (A 12)

Coruña: Olímpico C.F. – Atlético Arteixo (A 13)

Coruña: San Tirso S.D. – U.D. Carral (A 14)

Coruña: Sporting Ciudad – Orillamar S.D. (A 15)

Coruña: U.D. Paiosaco H. Añón – Imperator O.A.R. (A 16)

Coruña: Boimorto C.F. – C.D. Ciudad (A 17)

Costa: S.D. Sofán – Xallas Santa Comba, C.F. (A 18)

Costa: C.D. Baio – C.F. Dumbría (A 19)

Costa: S.D.D. Malpica-Ganador previa Costa (A 20)

DEZASEISAVOS DE FINAL (2 de Agosto)

Ferrol: A 3 – Racing Club Ferrol (B 1)

Ferrol: A 1 – U.D. Somozas (B 2)

Ferrol: A 2 – S.D. As Pontes (B 3)

Santiago: A 9 – S.D. Compostela (B 4)

Santiago: A 10 – C.D. Boiro (B 5)

Santiago: A 5 – Bertamiráns C.F. (B 6)

Santiago: A 8 – A 6 (B 7)

Santiago/Coruña: A 7 – A 11 (B 8)

Coruña: A 17 – Laracha C.F. (B 9)

Coruña: A 14 – Bergantiños C.F. (B 10)

Coruña: A 4 – R.C. Deportivo “B” (B 11)

Coruña: A 12 – Órdenes S.D. (B 12)

Coruña: A 13 – C.C.D. Cerceda (B 13)

Coruña: A 16 – Silva S.D. (B 14)

Coruña/Costa: A 15 – A 20 (B 15)

Costa/Costa: A 18 – A 19 (B 16)

OITAVOS DE FINAL (5 de agosto)

B 6 – B 12 (C 1)

B 16 – B 8 (C 2)

B 10 – B 4 (C 3)

B 2 – B 5 (C 4)

B 9 – B 11 (C 5)

B 15 – B 14 (C 6)

B 7 – B 13 (C 7)

B 1 – B 3 (C 8)

 CUARTOS DE FINAL (9 de agosto)

 C 5 – C 4 (D 1)

C 7 – C 3 (D 2)

C 6 – C 2 (D 3)

C 1 – C 8 (D 4)

SEMIFINAIS (12 de agosto)

 D 3 – D 4 (E 1)

D 1 – D 2 (E 2)

 FINAL (16 de Agosto)

 E 1 – E 2 -----------Campeón