Páxinas
Novas

Novas de deportes

Image Slider
O presidente da Deputación recibe no Pazo Provincial ao regatista olímpico sonense Iago López Marra
Páxinas suxeridas
Valentín González Formoso destacou o “esforzo e o sacrificio” como os principais valores do deportista de Portosín, que ven de participar nos últimos Xogos Olímpicos de Brasil

O presidente da Deputación recibe no Pazo Provincial ao regatista olímpico sonense Iago López Marra

17 de Outubro de 2016

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, recibiu hoxe no Pazo Provincial ao regatista sonense Iago López Marra, quen vén de participar xunto con Diego Botín nos Xogos Olímpicos de Brasil 2016, na categoría de vela, onde quedaron en noveno posto.
Na recepción, o presidente do goberno provincial felicitou ao regatista, que compite na elite mundial deste deporte, e afirmou que exemplos como os de López Marra, "que elevan o deporte coruñés ao máis alto", promoven a actividade deportiva "como un sinal de identidade que se materializa en valores como o traballo, o sacrificio e o espírito de superación", sinalou Formoso.
Iago López, natural de Portosín e enxeñeiro naval, exerce de tripulante do 49er, xunto co seu compañeiro Diego Botín, ao que coñeceu cursando estudos en Santander. Na súa ampla traxectoria atópase o primeiro posto na Sailing World Cup Miami, e na Delta Lloyd Regatta, nesta última valeulle a súa praza nos xogos olímpicos en Río 2016.