Páxinas
Novas

Novas de deportes

A Deputación entrega os premios do IV Circuíto Provincial de Carreiras Populares
04 de Outubro de 2017

O deputado responsable da área de Deportes da Deputación, José García Liñares, presidiu esta tarde a gala de entrega dos premios do IV Circuíto Provincial de Carreiras Populares.

A Deputación destina máis dun millón de euros ás infraestruturas deportivas da comarca de Ferrol
19 de Setembro de 2017

A Deputación da Coruña, a través do Plan único, destina este ano un total de 1.092.082 euros ás infraestruturas deportivas da comarca de Ferrol, Eume e Ortegal.

A praia de Sabón, en Arteixo, acolle mañá a última proba do Circuíto de Travesías ENKI Pro, patrocinado pola Deputación
08 de Setembro de 2017

A Praia de Sabón, en Arteixo, acollerá na tarde de mañá, sábado 9 de setembro, a derradeira proba do Circuíto de Travesías a nado ENKI Pro, unha serie de probas deportivas inclusivas aberta a todos os públicos que combina natación e obstáculos e que ten como obxectivo recadar fondos para promover o acceso ao deporte de nenos e nenas con diversidade funcional, así como axudar ao adestramento de deportistas con discapacidade.
Baixo o lema "Os soños entrénanse", a proba de…

O Pantín Classic chega á súa 30 edición consolidado coma unha proba de referencia no surf mundial
28 de Agosto de 2017

A praia de Pantín, en Valdoviño, acolleu esta mañá a presentación da trixésima edición do Pull&Bear Pantín Classic, o campionato de surf máis antigo e internacional de cantos se celebran en España, na que participaron representantes das diferentes institucións e empresas que colaboran na organización deste evento deportivo que reúne a algúns dos mellores surfistas internacionais.
O acto contou coa asistencia do deputado provincial Bernardo…

360 rapaces da provincia gozan este verán en Culleredo dos campamentos deportivos da Deputación
25 de Agosto de 2017

Trescentos sesenta rapaces e rapazas dos 93 concellos da provincia da Coruña participan este verán en Culleredo nos campamentos deportivos da Deputación.
Os campamentos están destinados a nenos e nenas de entre 9 e 14 anos de idade e desenvólvense no Centro Residencial Docente de Culleredo (antiga Universidade Laboral) en dúas quendas, a primeira das cales rematou hoxe.
O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, e o tenente alcalde…

O Club de Remo de Cabo de Cruz gaña a Bandeira de Traíñas
15 de Agosto de 2017

O Club de Remo de Cabo de Cruz foi o gañador da vixésimo oitava edición da Bandeira de Traíñas Deputación da Coruña, celebrada este mediodía en augas de Santa Cristina (Oleiros).

Oleiros acollerá a XXVIII Bandeira de Traíñas Deputación da Coruña
10 de Agosto de 2017

A praia de Santa Cristina, en Oleiros, será o escenario da 28 edición da competición de remo Bandeira de Traíñas Deputación da Coruña. O evento terá lugar o vindeiro martes, 15 de agosto, ás 12.00 horas, e contará coa participación dos clubs Cabo de Cruz, Ares, Puebla, Rianxo, Regatas Perillo, Mariñeiro de Mera, Mar de Mugardos, Muros, Cedeira e Esteirana de Remo, entre outras agrupacións deportivas de remo da provincia.

40 rapaces realizaron en Muros o curso da Campaña de Vela da Deputación
04 de Agosto de 2017

Os 40 rapaces e rapazas dos concellos da zona do Barbanza que participan na Campaña de Vela 2017 da Deputación da Coruña remataron hoxe en Muros os cursos de navegación.