Páxinas
Novas

Novas de deportes

O presidente da Deputación recibe no Pazo Provincial ao regatista olímpico sonense Iago López Marra
17 de Outubro de 2016

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, recibiu hoxe no Pazo Provincial ao regatista sonense Iago López Marra, quen vén de participar xunto con Diego Botín nos Xogos Olímpicos de Brasil 2016, na categoría de vela, onde quedaron en noveno posto.

A Deputación da Coruña destina 789.150 euros a financiar actividades deportivas nos concellos da provincia
10 de Maio de 2016

A Deputación da Coruña destina 789.149,99 euros a financiar actividades deportivas en 90 concellos e catro entidades supramunicipais da provincia (Consorcio das Mariñas, e mancomunidades de Ferrol, Ordes e Arousa Norte).

As achegas provinciais oscilan entre os 18.000 euros que percibirán concellos como A Coruña ou Arteixo e os 2.210 que percibirán municipios como Cerdido.

O Mirador do Ézaro, Betanzos e San Andrés de Teixido, protagonistas das etapas coruñesas de La Vuelta 2016
09 de Maio de 2016

A sede da Deputación da Coruña acolleu esta mañá a presentación das dúas etapas de La Vuelta 2016 que discorrerán por terras coruñesas e que buscan ofrecer aos espectadores "épica e estética", segundo explicou o responsable da organización deste evento deportivo.

A Deputación da Coruña destina 26.409 euros ao equipamento do Club Naútico Firrete de Pontedeume
06 de Maio de 2016

O deputado responsable da área de Deportes da Deputación da Coruña, José García Liñares, o presidente do Club Naútico Firrete, Ramiro Piñeiro Oliveira, e o deputado provincial e alcalde de Pontedeume, Bernardo Fernández, asistiron esta mañá ao acto de sinatura do convenio mediante o cal a institución provincial achegará 26.409,60 euros para o equipamento da nova sede deste club de piragüismo da localidade eumesa.

XX Carreira alternativa.
26 de Abril de 2015
.