Páxinas
Novas

Ciclismo

III Circuíto Provincial de BTT-XC

 A institución provincial asume os gastos cunha achega de 5.600 euros á Federación Galega (800 euros por proba). Ademais, despois do verán, a Deputación ten previsto celebrar unha gala de entrega de premios na que se dará un trofeo aos gañadores de cada categoría (están divididas por idades) en clasificación individual e por equipos. Para iso, estableceuse un baremo de puntuacións consistente na acumulación de puntos segundo os resultados en cada unha das probas.

 

As probas incluídas no III Circuíto Provincial de BTT-XC son as seguintes:

 

  1. X Trofeo BTT Concello de Arteixo: 25/04/15 en Arteixo
  2. 3º Trofeo Concello Dumbría: 16/05/15 en Dumbría
  3. 15º Gran Premio Concello de Cambre: 30/05/15 en Cambre
  4. II Open XC de Montefaro: 06/06/15 en Mugardos
  5. VII Trofeo Concello de Santiago: 20/06/15 en Santiago
  6. 4º Gran Premio Concello de Oleiros: 27/06/15 en Oleiros
  7. I XC Eliminator Portas da Vila: 18/07/15 en Betanzos