Páxinas
Novas

Campaña de Vela

Para rapaces/zas de 9 a 18 anos, ambas idades incluídas, pertencentes ós ámbitos comarcais dos concellos sedes.

Con prioridade para os/as nenos/as empadroados/as nos concellos onde se fai a campaña de vela.

INSCRICIÓNS:
NOS CONCELLOS PARTICIPANTES (MAÑÓN, BERGONDO, PONTECESO, CORCUBIÓN, MUROS E A POBRA DO CARAMIÑAL)

DURACIÓN DO CURSO:
1 SEMANA, DE LUNS A VENRES, EN DÚAS QUENDAS
Telf. 981 08 06 44
gabinete.deportes@dacoruna.gal

 

Datos da conta de ABANCA para facer os ingresos de 25 euros/praza correspondente á CAMPAÑA DE VELA 2017

FEDERACIÓN GALLEGA DE VELA.
Nº conta: IBAN ES36 2080 5016 0130 4000 9486

É importante que no concepto da transferencia aparezcan os seguientes datos para poder localizalas:
- CAMPAÑA DE VELA 2017
- Concello Sede
- Nome e apelidos do/a neno/a.

 

QUENDA

 CONCELLO

PRAZO INSCRICIÓN NO CONCELLO

1ª QUENDA

(do 3 ao 7 de xullo)

 

MAÑÓN

 

Antes do 16 de xuño

2ª QUENDA

(do 10 ao 14 de xullo)

 

BERGONDO

 

Antes do 23 de xuño

3ª QUENDA

(do 17 ao 21 de xullo)

 

PONTECESO

 

Antes do 7 de xullo

4ª QUENDA

(do 24 ao 28 de xullo)

 

CORCUBIÓN

 

Antes do 14 de xullo

5ª QUENDA

(do 31 de xullo ao 4 de agosto)

 

MUROS

 

Antes do 21 de xullo

6ª QUENDA

(do 7 ao 11 de agosto)

 

A POBRA DO CARAMIÑAL

 

Antes do 30 de xullo

 

INFORMACIÓN XERAL
Lugar: zona marítima ou embalse a definir polo concello.
Duración: unha semana, de luns a venres, ambos inclusive.
Distribución dos grupos:
Grupo A pola mañá de 10.00 a 14.00 horas.
Grupo B pola tarde de 16.00 a 20.00 horas.
A incorporación e regreso dende as instalacións de celebración dos
cursos correrá a cargo dos participantes.

DESTINATARIOS:
Rapaces e rapazas entre os 9 e os 18 anos pertencentes ó ámbito
comarcal dos concellos sedes.

COTA DE INSCRICIÓN:
25 €, que se ingresarán na conta que determinará a Deputación
da Coruña, facendo constar: “CAMPAÑA DE VELA 2017”, xunto co
nome do participante.
A Deputación da Coruña informará puntualmente do número de conta
a través da páxina web www.dacoruna.gal/deportes.

INDUMENTARIA:
Os nenos/as deberán traer zapatillas deportivas, roupa cómoda e
unha prenda de abrigo, mellor se é impermeable.
Aconséllase que traian unha mochila con roupa para cambiarse ó
finalizar a actividade.
A organización facilitará chaleco salvavidas para todos os participantes.

ACTIVIDADES:
No programa “CAMPAÑA DE VELA 2017” participarás en moitas
actividades relacionadas coa navegación, entre as que podemos
destacar:
– Iniciación ós conceptos teóricos da navegación a vela.
– Iniciación ó coñecemento básico dos nós mariños.
– Realización práctica de navegación a vela.

INSCRICIÓN E DATOS XERAIS
Inscrición: no teu concello.
Documentación: para formaliza-la inscrición debes entregar no teu
concello:
• Ficha de inscrición debidamente cuberta e asinada polos pais
ou titor do solicitante.
• Fotocopia do DNI, ou do libro de familia.
• Copia de aboamento da cota de inscrición (logo de confirmada
a praza por parte do concello).
• No caso de tratamento médico ou doenza entregarase xustificante
médico asinado polo facultativo pertinente.