Páxinas
Novas

Campaña de Esquí

Campaña de inverno para rapaces e rapazas nados nos anos 2003, 2004, 2005, 2006, e 2007, residentes en calquera municipio da provincia. Os participantes gozarán de catro días na estación invernal de Cabeza de Manzaneda, ademais dos cursiños de esquí.

COTA DE INSCRICIÓN: No transcurso da inscrición será facilitado pola Deputación un número de conta
onde se aboará a cota de 85,00 € (oitenta e cinco euros), facendo constar o nome do/a neno/a, concello e CAMPAÑA DE INVERNO 2018.

INCLÚE: Transporte, estadía e manutención na estación invernal de Cabeza de Manzaneda, monitores,
clases de esquí, seguros, alugamento de material, remontes mecánicos e todo o gasto que ocasionen
as actividades e cursos programados.

Campaña de inverno 2018
29 de Decembro de 2017
Cen nenos da comarca de Compostela participan esta semana na campaña de esquí da Deputación
22 de Marzo de 2017

Un centenar de nenas e nenos de entre 10 e 14 anos dos concellos de Ames, Arzúa, A Baña, Boimorto, Boqueixón, Cerceda, Frades, Mesía, Negreira, Ordes, Oroso, O Pino, Rois, Santiago, Teo, Tordoia, Touro, Trazo, Val Do Dubra e Vedra participan esta semana na estación invernal de Leitariegos (León) na cuarta expedición á neve da Campaña de Esquí 2017, organizada pola Área de Deportes da Deputación da Coruña.