Páxinas
Novas

Campamentos Deportivos

INFORMACIÓN XERAL

 

LUGAR: Centro Residencial Docente da Coruña (Con- cello de Culleredo).

 ALOXAMENTO: Centro Residencial Docente da Coruña (rúa Salvador Allende, 13).

 DURACIÓN: Dende o sábado (chegada para cear), ata o venres seguinte (saída tralo almorzo).

 QUENDAS:

1ª QUENDA: do 19 ao 25 de agosto.

2ª QUENDA: do 26 de agosto ao 1 de setembro.

INCORPORACIÓN: o sábado pola tarde, entre as 18:00 horas e as 19:00 horas, no Centro Residen cial Docente da Coruña (rúa Salvador Allende, 13  Concello de Culleredo)

REGRESO: o venres seguinte, despois da xornada de clausura

DESTINATARIOS: rapaces/zas de entre 9 a 14 anos, ámbalas dúas idades comprendidas, cumpridas no presente ano 2017

COTA DE INSCRICIÓN: 85,00 € (oitenta e cinco euros), que se ingresarán, unha vez o/a interesado/a obteña praza, na conta determinada pola Deputación da Coruña, facendo constar “Campamento Deportivo Deputación da Coruña 2017”, ademáis do nome do/a participante inscrito e concello ó que pertence.

INCLÚE: transporte interno, estadía e manutención en residencia, e todo gasto que ocasionen as actividades programadas

Datos da conta do BANCO PASTOR (Grupo Banco Popular) para facer os ingresos de 85 euros/praza correspondente aos CAMPAMENTOS DEPORTIVOS 2017:

AXIÑA SERVICIOS DEPORTIVOS S.L.
Nº conta: IBAN ES37 0238 8117 7605 0001 4903

É importante que no concepto da transferencia aparezan os seguintes datos:
- CAMPAMENTOS DEPORTIVOS 2017
- Concello
- Nome e apelidos do/a neno/a.

 

EQUIPO RECOMENDADO

  • Roupa de rúa (pantalóns, camisas).

  • E quipamento deportivo (suadoiro, pantalóns curtos, camisetas deportivas, calcetíns, zapatillas de deportes, chanclas para a ducha, traxe de baño, útiles de praia e piscina).

  • Toallas de aseo.

  • Útiles de aseo (xabón, peite, cepillo e pasta de dentes, colonia e/ou desodorizante).

  • Saco de durmir e lanterna.

  • Gafas para o sol.

  • Crema protectora para o sol, factor alto.

  • Chuvasqueiro.

  • Mochila pequena.

MATERIAL

O material propio das actividades deportivas (raquetas de tenis, balóns e chalecos salvavidas) entregaráselle a cada participante durante a celebración do campamento.

INSCRICIÓNS

No teu concello, antes do 17 de xuño de 2017.

(Realizarase o sorteo no caso de ser preciso, nos dous días seguintes á finalización do prazo de inscrición).

Remitirase a listaxe por parte dos concellos á Deputación vía correo electrónico a gabinete.deportes@ dacoruna.gal, e tamén por Rexitro Xeral.

QUENDAS

CONCELLOS

 

Do 19 ao 25 de agosto

 

Abegondo, Aranga, Ares, Arteixo, Arzúa, Ber- gondo, Betanzos, Boimorto, Boqueixón, Ca- banas, Cambre, A Capela, Cariño, Carral, Cedeira, Cerceda, Cerdido, Coirós, Culleredo, Curtis, Fene, Ferrol, Frades, Mañón, Melide, Mesía, Miño, Moeche, Mugardos, Narón, Neda, Oleiros, Ordes, Oroso, Ortigueira, Oza- Cesuras, Paderne, O Pino, Pontedeume, As Pontes, Sada, San Sadurniño, Santiso, So- brado, As Somozas, Toques, Tordoia, Valdovi- ño, Vilarmaior, Vilasantar.

Do 26 de

agosto ao 1 de setembro


Ames, A Baña, Boiro, Brión, Cabana Bergan-

tiños, Camariñas, Carballo, Carnota, Cee, 

Corcubión, Coristanco, A Coruña, Dodro, Dumbría, Fisterra, A Laracha, Laxe, Lousame, Malpica, Mazaricos, Muros, Muxía, Negreira, Noia, Outes, Padrón, A Pobra, Ponteceso,

Porto Do Son, Rianxo, Riveira, Rois, Santa Comba, Santiago, Teo, Touro, Trazo, Val Do Dubra, Vedra, Vimianzo, Zas.

DO 19 DE AGOSTO / 1 DE SETEMBRO

CENTRO RESIDENCIAL DOCENTE (CONCELLO DE CULLEREDO)
Latitud: 43.317544 (43º 19' 3.16'' N)
Longitud: –8.375879 (8º 22' 33.16'' W)

DESTINADO A RAPACES/ZAS DE ENTRE 9 A 14 ANOS, AMBAS IDADES INCLUIDAS, CUMPRIDOS
NO PRESENTE ANO 2017; RESIDENTES EN CALQUERA MUNICIPIO DA PROVINCIA.

INSCRICIÓNS: NOS CONCELLOS RESPECTIVOS

PRAZO LÍMITE DE INSCRICIÓNS NOS CONCELLOS:
17 DE XUÑO DE 2017

AMPLO PROGRAMA DE ACTIVIDADES:
actividades náuticas, equitación, tenis, senderismo,
así como a práctica doutras actividades
culturais e deportivas

ACTIVIDADES

AMPLO PROGRAMA DE ACTIVIDADES:
Actividades náuticas, equitación, tenis, senderismo, así como a práctica doutras actividades
culturais e deportivas.

VELADAS NOCTURNAS:
Realizaranse actividades e xogos que teñan elementos que fomenten a comunicación, o intercambio
de experiencias, a convivencia e o respecto polos demáis.

ACTIVIDADES CULTURAIS:
Visita a centros de interese cultural na comarca, e na cidade da Coruña.

DOCUMENTACIÓN QUE SE ENTREGARÁ
Para formalizar a inscrición debes entregar no teu concello:
1.- Ficha de inscrición debidamente cuberta e asinada polos pais ou titores do solicitante.
2.- Unha foto tipo carné.
3.- Fotocopia da tarxeta sanitaria.
4.- Fotocopia do libro de familia ou carné de identidade.
5.- Copia de aboamento da cota de inscrición. (Pos- terior á confirmación da praza por parte do concello).
6.- No suposto de que a/o nena/o necesitara ter un tratamento específico ou doenza que se deba ter
en conta, xustificante médico asinado polo facultativo pertinente. IMPORTANTE facer constar
as alerxias alimentarias ou de calquera outro tipo.