Páxinas
Novas

Premio "Quero Cantar"

Coa intención de promocionar e difundir o uso da lingua galega e a creatividade poética e musical, a Deputación da
Coruña, convoca o Concurso musical infantil "Quero Cantar"

Gañadores do II Concurso musical infantil e xuvenil "Quero cantar"

Categoría infantil

1º clasificado.- Os nenos da vella, coa canción "Quero xogar"

2º clasificado.- Quenindiole, coa canción "Vinde bailare"

3º clasificado.- As estrelas do rock, coa canción "Tolemia animal"

Categoría xuvenil

1º clasificado.- Máis boas cas patacas, coa canción "Son muller"

Novas
“Os nenos da vella” da Coruña e “Máis boas cás patacas” de Teo gañan o certame musical “Quero cantar” da Deputación da Coruña
20 de outubro

As formacións musicais "Os nenos da vella" da Coruña e "Máis boas cás patacas" de Teo veñen de gañar a segunda edición do Concurso musical infantil e xuvenil "Quero Cantar", co que a área de Cultura da Deputación Provincial da Coruña busca promocionar e difundir o uso da lingua galega, así como potenciar a creatividade poética e musical dos mozos e mozas da provincia.