galego | castellano
Inicio : Avisos

Política de privacidade

A Deputación da Coruña ten como unha das súas prioridades garantir o dereito fundamental á protección dos datos persoais, tanto dos usuarios que se relacionen con ela como dos propios empregados públicos ao seu servizo.

Neste sentido, a Deputación da Coruña manifesta que o tratamento dos datos de carácter persoal que poida resultar necesario para o desenvolvemento das súas competencias a través do seu portal web axustarase ao disposto na Lei orgánica 15/1999, de protección de datos de carácter persoal e á normativa de desenvolvemento ou conexa que poida resultar de aplicación na actualidade ou nun futuro.

É desexo desta deputación que os usuarios do sitio web conten coa información axeitada para decidir de forma expresa, libre e voluntaria se desexa facilitar os seus datos na forma que se require.

En concreto, todos os datos persoais que poidan subministrar os interesados a través deste portal non serán destinados a finalidades distintas das expresadas no momento da súa achega, segundo o suposto específico de que se trate, nin comunicados a terceiros agás naqueles supostos legais en que poida procederse á dita comunicación ou se conte co consentimento expreso do interesado. De igual modo, o seu tratamento efectuarase de modo confidencial. En calquera caso, a Deputación da Coruña poderá facer uso dos datos contidos nos seus ficheiros con finalidades históricas, estatísticas ou científicas. Os interesados serán informados da incorporación dos seus datos persoais a ficheiros, automatizados ou non, das finalidades, usos e, se é o caso, das posibles cesións dos seus datos no momento se consigan estes.

Agás que se sinale o contrario en cada caso, os datos que se recollen nos formularios son necesarios e obrigatorios para poder acceder e prestar os servizos establecidos na web. O usuario debe cubrir os formularios con datos verdadeiros, exactos e completos, respondendo dos danos e perdas que poidan ocasionar en caso de formalización defectuosa, con datos falsos, inexactos, incompletos ou non actualizados.

Con carácter xeral, infórmaselle a todos os usuarios que no caso de achegar datos persoais poderán exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición dirixíndose por escrito ao Rexistro de Entrada da deputación Provincial da Coruña, no enderezo Av. Alférez Provisional, nº 2- 15006 A Coruña. Para facilitar o exercicio dos dereitos a deputación pon ao dispor duns modelos de solicitude.

Igualmente, a Deputación da Coruña ten o compromiso de adoptar os niveis de seguridade de protección de datos persoais establecidos pola lexislación vixente, instalando para o efecto as medidas técnicas e organizativas necesarias para evitar a perda, mal uso, alteración, acceso non autorizado e demais riscos posibles. Obrígase, así mesmo, a cumprir coa obriga de segredo respecto dos datos contidos nos ficheiros inscritos no Rexistro Xeral de Protección de Datos baixo a súa responsabilidade.

A deputación desenvolveu unha normativa interna, de obrigado cumprimento para todos os empregados públicos que traten datos de carácter persoal, na que se conteñen os procedementos e as pautas que han de observarse a prol do cumprimento da normativa legal sobre protección de datos de carácter persoal. E, especialmente, normas de información e procedementos para o tratamento deste tipo de datos e normas de seguridade (equipos, instalacións, etc) para asegurar a integridade, confidencialidade e dispoñibilidade da información. Tamén está entre as nosas prioridades a seguridade no almacenamento dos datos persoalmente identificadores do usuario e vixiamos especialmente a transmisión de datos desde o ordenador do usuario aos nosos servidores.

Así mesmo, adóptanse as medidas e mecanismos necesarios para garantir a seguridade das comunicacións e transaccións que se produzan mediante a web, segundo o estado da tecnoloxía e de acordo coa tipoloxía das transaccións e servizos que se poñen a disposición das persoas usuarias.

Teñen acceso aos datos persoais aquelas persoas que necesitan acceder a estes para realizar o seu traballo.

As comunicacións que faga a persoa usuaria da web que conteñan datos de carácter persoal faranse mediante un sistema de comunicación de contorna segura que se estableceu para garantir, na medida do posible, a confidencialidade da información. Verifique que está nesta contorna segura comprobando que na súa pantalla figura un cadeado fechado.

No caso de que o usuario non utilice un ordenador da súa propiedade debe comprobar que pechou a sesión antes de saír da web da deputación e que pechou o seu navegador cando finalice a navegación por el . Esta recomendación permitiralle asegurarse de que un terceiro non poida acceder aos datos persoais ou á súa correspondencia no caso de que o ordenador sexa accesible para terceiras persoas ou ben sexa de uso compartido en lugares públicos, tales como bibliotecas ou calquera outros.

Cando un usuario achega datos persoais a través deste sitio dá o seu consentimento expreso e inequívoco e, polo tanto, autorízalle á deputación a incorporar os datos que facilita aos ficheiros inscritos no Rexistro Xeral de Protección de Datos, así como ao seu tratamento e uso coa finalidade de xestionar o mantemento da web.

Para calquera dúbida sobre a política de privacidade anteriormente expresada pode dirixirse ao teléfono 981 080 300 ou remitir un correo electrónico ao enderezo soporte@dicoruna.es indicando no campo Asunto "Protección de datos persoais".