Que está a pasar?

A pesca da sardiña será a protagonista no XI Víndemo Ver-Mercado da Deputación

Os días 28, 29, 30 e 31 de marzo a praza de San Gregorio de Carnota acollerá unha gran variedade de produtos da horta, ecolóxicos e de proximidade, xunto cun amplo abano de postos de artesanía de creadores e creadoras locais dentro do “Mercado da Deputación”
Costa da Morte » Carnota
mércores, 13 Marzo, 2024

Ademais destes espazos, distribuiranse pola praza diferentes postos de comida e bebida para degustar ao aire libre. A mostra compleméntase cunha ampla oferta de actividades culturais, deportivas e recreativas para todos os públicos.

O evento dará comezo o xoves 28 ás 17:00 h co acto de inauguración e a charla-coloquio con Santiago LLovo "A salga en Carnota" no salón de plenos do Concello.

O venres 29 de marzo será a XI BTT, con saída ás 09:30 h dende o pavillón de Carnota e con dous percorridos, un longo e outro curto. As inscricións permanecerán abertas ata o 26 de marzo en cronotec.es .

A programación inclúe unha andaina temática. A ruta elixida este ano é “Andar ao mar”, que transcorre dende o faro de Lariño ata Carnota, cun percorrido lineal de arredor de 13 km. Será o sábado 30 e a saída terá lugar ás 09:30 h, dende a praza San Gregorio de Carnota. O traslado ata o punto de inicio da ruta realizarase en bus. As inscricións poderán realizarse en carnota.gal ata o 26 de marzo de 2024.

Haberá, ademais, innumerables actividades lúdicas para a rapazada e tamén haberá actuacións culturais e música tradicional para amenizar o ambiente, a cargo das bandas de gaitas Longarela e Ximiela e da Agrupación Musical Chan das Lamas.

E para amenizar as noites haberá concertos. O xoves 28, ás 22:00 h, actuará Chiña no posto de So’Nos e ás 23:30 h, Juan do Tractor no posto de Ximiela. O venres 29 ás 22:00 haberá un concerto do grupo local Ghachi Ki con ritmos latinos e ás 23:00 h concerto de Los Lunes al Sol, con versións dos anos 80, 90 ata a actualidade. A última noite de concertos será o sábado 30, con Xur ás 22:00 h, e The Rapants ás 23:00 h.  

Durante os catro días, poderase visitar na carpa grande, no posto do Concello de Carnota – Deputación da Coruña a exposición “Andar ao mar en Carnota”

Descarga o programa

Continúan as festas na provincia

Coñece a provincia a través das súas festas.
xoves, 6 Xullo, 2023

Pasado o mes de xullo, agosto non queda atrás.

AGOSTO

Neste caso o pistoletazo de saída o dá a cidade da Coruña coas súas festas de Maria Pita durante todo o mes, con actividades para tódolos públicos entre as que destacan variadas actuacións musicais e o festival Noroeste EG. 

Entre os días 3 e 6 Buño celebra a súa Mostra de Olería tradicional, con exhibicións, exposicións e obradoiros. E o día 5 podes achegarte a Padrón para celebrar a festa de exaltación do seu produto estrela, os pementos de Herbón. 

A fin de semana do 11 ao 13 teñen lugar dous eventos musicais de gran arraigo nas súas contornas: o Rock in Cambre, con máis de 30 edicións, e, cun estílo de musica máis tradicional, a Carballeira de Zas, onde poderás disfrutar de folclore e baile nun espazo natural único.

Se no mes de xullo destacaban as celebracións entorno ao Apóstolo, agosto é o mes do San Roque, onde destacan as festas na súa honra con pasarúas, verbenas e actividades para toda a familia en Sada, Melide e Betanzos. No último municipio destacan as tradicións da romaría dos Caneiros e o Globo (lanzamento dun globo aerostático de papel), sendo estas algunhas das razóns que fai que sexa Festa de Interese Turístico Nacional.

Ao mesmo tempo celebranse as festas patronais en moitas outras vilas como son as de Laxe (14-17) e as de Santa Cruz en Oleiros (19-23). 

O Festival da Luz 2023 terá lugar entre do 25 ao 27 de agosto en Boimorto un festival musical e solidario para tóda a familia, que conta coa presenza de numerosos artistas do panorama actual. Ademais, unha vez alí, podes visitar o mercado de artesanía da Deputación e no que tamén hai ambiente musical e espazos de ocio infantil. 

Para despedir a estación calorosa achegate a Ferrolterra: as Festas do Verán de Ferrol na última semana do verán coas súas actividades e actuacións musicais ou o Pantín Classic Surf Pro do 26 de agosto ao 3 de setembro, onde ademais de competir os mellores surfistas do mundo, existe unha oferta gastronómica e de actividades moi variada. 

O Encaixe no Camiño 2023 xa ten data

Como cada ano dende o 2016 a Asociación de Empresarios e de Promoción Turística de Camariñas convoca unha nova edición de “O Encaixe no Camiño”  é unha feira medieval, que recrea o desembarco de Alfonso IX en Camariñas e da dama italiana que segundo a lenda ensinou a palillar. Terá lugar os próximos 28, 29 e 30 de xullo e será a VII edición do evento. 

Lugar celebración: 
Camariñas
Entradiña: 
A Asociación de Empresarios e de Promoción Turística de Camariñas da a coñecer as datas nas que se celebrará a feira medieval e o prazo de inscripción para quen desexe instalar un posto xa está aberto
Galego
Data da celebración: 
venres, 28 Xullo, 2023 a domingo, 30 Xullo, 2023

EXPOSICIÓN NO FARO CABO VILÁN

A sala que xestiona a Asociación de Empresarios e Promoción Turística de Camariñas no faro Vilán acolle unha nova exposición.
Costa da Morte » Camariñas
venres, 28 Abril, 2023

Desde o día 3 de maio de 2023 a sala de exposicións que xestiona a Asociación de Empresariose de Promoción turística de Camariñas no Faro Vilán acolle unha nova mostra do colectivo LUCET.

Na exposición colectiva de pintura e fotografía, preséntanse as obras de pintura das seguintes artistas: Rosario Puente Vázquez, María José Puente Vázquez, Ana Cancela Muras,Mari Carmen Valverde Navarro, Melania Gómez Barral, Julia San Martín do Barrio, Dores Matogueira Gómez. E en fotografíase presenta a obra de Salvador Galbán Deus.

O que en Vilán pódese ver é unha nutrida representación da obra destes creadores, obra na que a luz e a sensibilidade aparecen como notas determinantes e fío condutor de todas elas, que, con disciplinas diversas, acuarelas, debuxos, gravado, fotografía e traballos en técnica mixta, representan motivos certamente variados, predominando as paisaxes mariñeiras de Galicia de gran impacto polo tratamento da luz e a cor.

Puntos de interese