Deputación da Coruña Deputación da Coruña Servicios Tributarios
Unha deputación ó servicio da provincia 24 horas ó servicio da provincia A Coruña por concellos Un destino compartido Fomentar, promover, conservar, difundir a nosa cultura, a nosa arte, as nosas tradicións e honrar ós nosos personaxes ilustres Facer turismo na Coruña
Últimas novas Directorio de enderezos de correo Busca Suxestións
Galego / Castellano

Presentación telemática de solicitudes de subvencións.

Co fin de incentivar a utilización de medios electrónicos, e no marco dos principios da Lei 11/2007, de 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, recoméndase a presentación das solicitudes de xeito telemático, a través da páxina web da Deputación da Coruña: www.dicoruna.es. Neste caso, produciranse os seguintes efectos:

a) Solicitantes que dispoñan de sinatura electrónica: A presentación telemática producirá plenos efectos xurídicos, sempre que a solicitude sexa enviada dentro do prazo establecido. Neste caso, a documentación complementaria, que se ten que presentar coa solicitude, enviarase posteriormente por correo, ou por calquer outro medio que deixe constancia do seu envío, achegada dunha copia en papel da súa solicitude.

b) Solicitantes que non dispoñan de sinatura electrónica: Poderán cubrir e cursar de xeito telemático a sua solicitude, pero para que a presentación produza efectos xurídicos será necesaria a sua impresión, sinatura e posterior presentación en soporte papel dentro do prazo establecido nun dos rexistros públicos habilitados (Rexistro Xeral da Deputación da Coruña, rexistros municipais dos Concellos que teñen asinado para este fin coa Deputación ou en calquera outros rexistros públicos aos que se refire o artigo 38.4 da Lei 30/92 de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común).

O acceso á aplicación para a presentación telemática de solicitudes de subvencións faise previa alta do usuario no sistema, unha vez dado de alta pódese cumprimenta-la solicitude e no momento do envío requerirase o certificado para firmar e envia-la solicitude no caso de dispor del.

No caso de precisar calquer aclaración ou para a comunicación de incidencias, pode dirixirse á seguinte dirección de correo: soporte.subvencions@dicoruna.es

  • AVISO

    -A prioridade de cada solicitude asignaráse en función do momento de entrada.

    -No caso de non dispor de firma electrónica, será necesario dar entrada do xustificante de cumprimentación telemática na oficina de rexistro antes da finalización do prazo.
- Descarga de impresos para presentación NO TELEMÁTICA